Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións

27.4.13

Lluís Llach. Voz de loita


Aos dezanove anos faise membro do grupo de cantantes cataláns "Els Setze Jutges", que naceu co obxectivo de normalizar o emprego do catalán no mundo da música moderna e para reivindicar a cultura catalá durante os anos da ditadura franquista.

Dende a década dos sesenta, compón cancións que se converten en himnos de loita antifascista en toda España, cancións como "Cal que neixin flors a cada instant", "La gallineta" e "L'Estaca". Desta última fixéronse traduccións a varios idiomas para ser cantada en actos reivindicativos o de loita.

En varios dos seus concertos foi detido e obrigado a non acabar o seu concerto. En mitade dun concerto foi sacado do escenario pola policía, e despois de vinte minutos de aplausos do público que esperaba a que o cantautor volvera para seguir coa actuación, éste tivo que dicir que non podía cantar máis. Noutra ocasión, interrumpíronlle outra vez en medio dun acto, onde o detiveron mentres o público coreaba "L'Estaca".

Prohibíuselle seguir cos recitais, puxéronlle unha multa de 100 000 pesetas e durante anos foron prohibidas tódalas súas actuacións en España. Así foi como comezou a actuar en Londres, Venezuela, Alemaña e París. Á morte de Franco volveu á súa terra natal e seguiu coa súa carreira artística despois de varios anos de prohibición.

31.3.13

A troita, quinteto para piano e cordas

É unha música tan boa que podemos facer a proba de ir pola beira do río asubiándoa e veredes cómo as troitas tiran a cabeza fora da auga para a escoitar..."

28.3.13

Seguramente que ti tamén escoitaches o xénero "Hands Up!"

O Hands Up! é un estilo de música electrónica que foi creado en Alemaña no ano 2003. Este estilo de música caracterízase por ter un ritmo forte, dinámico, bases contundentes, melódico e xeralmente cantado. Este estilo tamén se deu nos Países Baixos e en Bélxica. Ao mesmo tempo é unha mezcla que combina Trance, techno, e dance dos anos 1990, presentándose como a evolución do Eurodance.

O hands up é difícil de situar no mundo da música xa que as melodías complexas e variadas que o caracterizan, fan del unha sonoridade única. Estas melodías transmiten unha vital espiritualidade positiva que procuran o benestar de quen o escoita. A xente levanta os brazos para demostrar este benestar, de ahí o nome deste estilo de música. Desta maneira, o Hands Up! destaca entre os demáis xéneros de música electrónica polas súas melodías pegadizas de carácter moi festivo.

integrar o parágrafo anterior

26.3.13

A Roda


Non hai moito que contar sobre eles. Este grupo de amigos que soían cantar nas tabernas decidiron formar un grupo de música que, a parte de facer unha ampla discográfica propia recorreron a nosa comunidade en busca das nosas cancións galegas. Tamén lle puxeron música a algúns textos como o de "Eu teño un compadre", de Bouza Brey; facendo click aquí a podedes oír.



25.3.13

1D, a nova versión dos Backstreet Boys, arrasa no mundo

A pesar dos dous anos que levan sendo como grupo, a banda británica de One Direction (abreviada 1D) é coñecida por miles de persoas no mundo e superou con notable diferencia ao coñecido cantante canadiense Justin Bieber e ao grupo estadounidense Big Time Rush.


Esta banda está composta por cinco 
mozos: Harry Styles, Niall Horan, Zayn Malik, Louis Tomlinson e Liam Payne. 


Antes de que se converteran en One Direction, comezaron por separado, presentándose a famosa serie televisiva Factor X no ano 2010, pero máis tarde son expulsados e isto rómpelles o corazón, pero a xuíza Nicole Scherzinger dalles unha segunda oportunidade e coa a axuda do seu padrino Simon Cowell forman a banda de 1D.
Durante o concurso, interpretan cancións moi famosas como "Total Eclipse Of The Heart" de Bonnie Tyler, "Viva La Vida" de Coldplay, "Torn" de Natalie Imbruglia..., e finalmente conseguindo unha gran cantidade de éxito, chegan a gala final onde quedan terceiros, e a pesar de non haber gañado, Cowell, a sabiendas do talento que tiñan decide facerlles un contrato discógrafico.

ACTUALIZANDO



video musical AQUÍ

15.3.13

Tino Casal, semente da exuberancia

Sacado o tema de Sara sobre a época dos 60, 70 e 80, eu vou nomear a Tino Casal, un excelente cantante nacido en Asturias (1950) que significou un cambio total na música. E, aínda que a súa debilidade era a música pop, tamén se adicou á pintura e á escultura.

Extravagante ata a médula, tiña un estilo exuberante e recargado (palabras del: "Yo, en realidad, nací con una sobredosis") e espallaba orixinalidade en cada unha das súas cancións. De feito, el dicía: "Camino hacia la complicación. Cada vez busco mas ingredientes".

A súa carreira comezou en "Los Archiduques", grupo onde grabou tres singles. O seu primeiro disco en solitario foi "Neocasal", con grandes éxitos como "Champú de Huevo" ou "Billy Boy". Máis tarde publica "Etiqueta Negra", onde saca temas como "Embrujada" (preciosísima) ou "Póker para un perdedor". Un ano despois lanza "Hielo Rojo", do que sae "Pánico en el Edén", que é unha das miñas favoritas. A continuación seguiulle "Lágrimas de cocodrilo". E, por último, "Histeria", onde fai unha innovación da antiga e coñecida canción "Eloise" de Barry Ryan.

Por desgracia para a música, more 1991 por un accidente de tráfico ós corenta e un anos. Deixando orfa a unha nova semente que xerminaría na música grazas a el, o seu pai.

Aconsévollos que, ademais dalgunhas das cancións de arriba escoitedes "Sex o no Sex?" e “Muñecas”, que me encantan. Para min, foi o rei da música do seu tempo. E espero poder espallar un pouco por ahí, grazas a este blog, o que significou este home para a sociedade e a música e, sobre todo, espertar a vosa curiosidade, porque, a min, persoalmente, conseguiu namorarme coas súas cancións.
"Muñecas"

3.3.13

Aínda non coñeces o baile de moda?

Despois do "Gangnam style", un novo vídeo está a causar furor polas redes sociais, titúlase "Harlem Shake" e é todo un fenómeno en YouTube. Este baile ou coreografía máis imitada de internet naceu nos anos 80 nun barrio neoyorquino de Harlem e consiste en mover os ombros e o torso. Aínda que a creación deste remóntase varios anos atrás, na actualidade alcanzou a súa máxima popularidade grazas o blogueiro Filthy Frank.

Este internauta produciu un clip onde se pode ver a catro persoas disfrazadas de diferentes personaxes (un power ranger, un extraterrestre, un oriental e un home cun traxe rosa) bailando o Harlem Shake ao son dunha canción do estadounidense “DJ Baauer” que leva o mismo nome. O video foi lanzado o 2 de febreiro e actualmente é un dos máis vistos.

Pai do movemento Pop en Galicia

Cantautor galego coñecido popularmente como Andrés do Barro, tivo o mérito de ser un dos primeiros cantantes que utilizou o galego durante a ditadura do franquismo.

A súa vida deu un xiro inesperado o 3 de novembro de 1969, día no que aparece o single que contén "O tren", entrando ao número un de ventas en España, e sendo a primeira canción en galego en conseguilo.

O que el buscaba cantando en galego era o recoñecemento da súa lingua.
“Me llamo Andrés Lapique do Barro y os presento unas cuantas de mis canciones. Hoy son en gallego porque así las he sentido y porque quiero colaborar con todo interés y cariño a dignificar mi idioma materno, caído durante muchos años en el más cruel menosprecio”.

REFERENCIA IMPRESCINDIBLE

O Tren de Andrés Do Barro

26.2.13

Evanescence

Cun estilo gótico en cancións coma “Lithium”, Evanescence vai dende o rock máis puro “Going under” ata os sons máis doces coma “Hello” ou “My Inmortal”. “Bring me to life” quizáis sexa unha das súas cancións máis coñecidas. De entre as que cabe sestacar outras coma por exemplo: “Like You”, “Lost In Paradise”, “Missing”, “My Heart Is Broken”, “Secret Door”…

Esta banda estadounidense de Arkansas de rock alternativo creouse en 1995, despois de coñecerse a líder do grupo Amy Lee e Ben Moody (quen foi máis tarde parella dela) nun campamento.

O seu primero álbum foi “Origin” (2000), a continuación seguiulle “Fallen” (2003). Máis tarde foi “The Open Door” (2006) e en 2011 foi “Evanescence”. Ademais, tras gañar tres Premios Grammy, a inclusión da segunda canción do disco “Bring Me to Life” na banda sonora da película “Daredevil” incrementou notablemente a súa popularidade.

Hoxe en día, Amy e Will están pensando en grabar o seu cuarto disco, o cal estou segura que non pasará desapercibido.

Penso que é un grupo especial porque, a min, transmíteme sensacións a súa música, as sensacións dunha profunda serenidade nalgunhas cancións e de pura viveza noutras. Ademais de que me encanta a maneira de vestir de Amy.

25.10.12

Linkin Park - Castle of Glass

Esta cancion de Linkin Park, titulada Castle of Glass (castelo de cristal) describe moi ben a realidade, a cancion conta o sentimento de perder a alguén nas guerras que suceden todos os dias neste mundo e que por diversas razóns varios paises interveñen, neste caso Estados Unidos... Ainda que o dia de maña pode ser España.

Neste video vense imaxes que son o que realmente pasa todos os dias en calquer parte do mundo e Linkin park sen utilizar ningunha palabra referente a ''guerra'', ''conflicto'' ou moitas outras usa as palabras como: ''Ensiname a estar completo de novo'' facendo referenza a soidade que se sinte nestes casos, outra é: ''pasando a tristeza, onde as sereas cantan'' que explica que a tristeza nunca se olvida como os cantos das sereas...