Amosando publicacións coa etiqueta Audiovisual. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Audiovisual. Amosar todas as publicacións

1.6.13

"Aquel no era yo"


"Aquel no era yo" é unha curtametraxe realizada polo guionista Esteban Crespo, estreado en febreiro en Madrid e Bilbao cunha gran acoxida por parte do público.

En "Aquel no era yo", Kaney é un neno soldado dun país africano, con él viven moitos outros nenos soldados seguindo ás ordes do xeneral do exército rebelde. Máis tarde, aparece unha muller española chamada Paula, unha cooperante chegada a África ao carón da súa parexa, Juanjo, cuxo obxectivo é axudar e liberar aos nenos soldado que viven alí. Paula e Kaney reuniránse para comezar unha historia chea de terror, violencia, abuso e liberación.

Realizouse nunha granxa localizada en Escalona (Castela a mancha) que actualmente é usada para airsoft, para crear o campamento foi necesario o material militar procedente da "Academia de Infantería de Toledo" e con extras do municipio e de localidades próximas.

O curto mostra a dureza dunha realidade, a de os nenos e nenas soldados, xeito polo que nós, nos mantemos impasíbles ante esa crueldade á que están sometidos. Como di un neno exsoldado do conflito de Serra Leona: “Ser un soldado non é difícil: ou te acostumbras ou te matan. O máis duro é conseguir vivir cos recordos e volver a ser ti mesmo despois de haber feito as cousas que fixeches”.

A miña opinión é que se deberían de facer máis cortos de este tipo, para poder mostrar a realidade e a atrocidade que acontece afastada das nosas vidas. Pero en certo modo, non deixan de ser nenos coma nós sometidos a graves conflitos que non son capaces de solucionar falando. Por iso, somos uns previlixiados de vivir onde vivimos.

Para ver como comezaron a grabar a curta fai click aquí. Para ver a curta completa fai click aquí.

21.5.13

ACURRALADOS_ MATALONOS


MINUTO 46.40: capítulo 63 secuencia 30
SINOPSE:
Coa baliza dos Matalobos no seu poder, a Garda Civil trata de investigar o novo método empregado polo clan para descargar a droga. Mentres, e malia o fracaso da descarga que lle encargara Carmelo, Vanesa continúa a estreitar lazos cos colombianos no seu afán por recuperar o poder dos Veloso. Pese a todo, os maiores problemas para os Matalobos aínda están por chegar.

Un mundo de palabras
Un día normal
videos
making of

17.5.13

Un día imprevisto

O Martes pasado tivemos unha visita dun ex-alumno do instituto, que xa estaba medio olvidado na cabeza dos profesores. Este ex-alumno chamase Daniel D. Dominguez  e dedicase a guioniosta. El viu a falar do seu traballo, da súa indecisión na vida  e como  por causas do destino chegou a ser un guionista. Esta historia comenza coa indecisión do guionista  respecto a carreira que quería estudar, na que ao final escollería a carreira de periodismo,  a que deixaría  no primeiro curso. Un tempo despois, os seus pais dérronlle a idea de presentar uns dos seus guións a un casting, tivo a sorte de que o aceptaron. Así comenzou a historia en Terras de Miranda,  ata chegar agora  a Matalobos.

Alumnos como este son os que  representan e lle dan caché  ao nosos instituto, ademáis de este guionista, polo instituto pasaron actores, cantantes, médicos e moitos máis profesionais ( e a maioría fixo que coñecen o esquema de Pepa).

16.5.13

Visita e charla inesperada

Qué dúas últimas horas pasamos o outro día!!! Todo isto grazas a unha actividade didáctica na biblioteca na que estaba o guionista Daniel Domínguez García.

Este, falounos da súa vida, dende a infancia (a cal a pasou neste instituto), ata os trinta e dous anos que ten acutualmente. Daniel escribiu guións de series que case todos coñecemos como "Terra de Miranda" e "Matalobos".


O que máis me impactou desta visita foi unha anécdota que nos contou él: "Cando tiña que escoller unha carreira estaba agobiado porque xa estaba na fila para entregar o papel e non sabía cal escoller, ata que elixín periodisto polo feito de que sabía que ía ter que escribir e dábaseme ben" díxonos.

Gustaríame que viñera máis xente coma Daniel ao centro xa que estes ábrenche as portas de saídas que ao mellor non vemos e axúdanos a elixir o camiño que imos tomar unha vez acabados os estudos.

Un modelo a seguir .

Daniel García Domínguez  foi un antigo alunmo do I.E.S Elviña, que veu a falarnos un pouco sobre a súa experiencia como guionista e sobre o mundo da televisión.

Contounos un tamén un pouco da súa vida , dende como empezou ata chegar onde está. Ao principio todo foi moi fácil ,a rapidez ca que gañou diñeiro, a facilidade ca que lle chegou o traballo...

Polo que nos dixo, non era a súa intención ser guionista , oseu principal obxetivo era ser xornalista (aínda que iso tamén foi a elexilo na cola para entrar na universidade ) , cousa que nin se quera empezou porque duse xonta de que non lle chamaba a atención .

Daniel, guionistas de Matalobos díxonos algo que me chamou moitísimo a atención, algo que non sabía, algo que para mín é incríble aínda que parezca unha tontería, e é o de que case todos os programas da televisión fosen Realitys shows , osexa que case todo o que dín os programas ises como : Sálvame , mulleres e homes etc é mentira .

Encantoume a súa visita porque abriume máis os ollos para ter claro iso de que "se queres adicarte a algo, ten que gustarte realmente" .

15.5.13

Mira ti

Daniel Domínguez García, deixounos claro que os esquemas de Pepa serven, tanto para o sector académico coma no ámbito laboral e persoal.
Foi un pracer contar cun antiguo alumno do centro, de Pepa... Eu, por un momento púxenme no seu papel; tivo problemas co estudo, olvido, desdén... Pero el seguiu adiante e agora exerce a prrofesión desexada.
Agora, tócame a min. Resolver os problemas, deixarme de olvido e implantarme na testa os esquemas de Pepa; lembrade que tamén a vós!
O argumento pode ser a vida del, os traballos, o que obtivo... Pero en realidade, o argumento da reunión que tivemos na hora de l. galega na biblioteca , é o seguir adiante, rematar o comezado, levantar despois de caer, traballar e mostrarte a ti mesmo o bo que é completar e conseguir os teus desexos despois de moitos erros cometidos.

Unha boa profesión


A visita que tivemos este martes foi moi interesante, xa que recibimos a un ex-alumno de este instituto, Daniel D. Dominguez. 
Comezou presentándose e falando da súa andadura profesional no mundo dos guións. Ademáis tamén puidemos comentar todo o relacionado coa produción audiovisual, un tema que a mín chámame moito a atención. Podemos atopar algúns dos seus traballos nalgunhas series da TVG como Matalobos, Padre Casares, Terra de Miranda... Aínda que el prefira manterse no anonimato eu creo que hai que recoñecerlle o seu labor xa que esto conleva moito tempo e adicación. 
Pola metade da charla comentamos entre todos a censura que se fai nalgunhas cadeas de televisión como a TVG, da que eu critico a mala programación que ofrece. Como é lóxico esta cadea quere dar a coñecer o mellor de Galicia e tapar outras cousas. Pero ultimamente en xeral, todas as cadeas están manipuladas e non poden emitir libremente.

O máis importante para min que nos quixo transmitir na charla, foi o de facer as cousas poñéndolle gañas, ilusión e sobretodo sentirse a gusto e orgulloso co que un fai. Así pódese chegar moi lonxe. 
Cara o final estivemos a falar sobre a facilidade que temos hoxe en día de darnos a coñecer pola rede, este medio de gran difusión que nos aporta vantaxes á tan só un click.
Teño que agradecerlle ao equipo da biblioteca - en especial ao club de lectura- a organización destas magníficas charlas e esperamos con moita ilusión outra.
-Máis traballos de Daniel D. García.

Se queres ler máis comentarios sobre esta actividade
preme aquí 

Charla inesperada


Este martes tivemos unha charla inesperada dun ex-alumno do noso instituto chamado Daniel Domíguez García, na que nos falou do seu paso por Elviña, e contestou a nosas inquedanzas sobre o seu traballo.
El contounos que antes de ser guionista estudara arte e xornalismo, pero sentiase medio valeiro e entón decantouse como guionista, xa que o seu pai traballaba disto e era algo que de verdade lle gustaba.
Daniel empezou a traballar moi xoven só con 22 anos ata a actualidade, tendo altos e baixos dende o seu comezo.
Moitos de nos fixemoslle preguntas, e unha de elas era se pensaría en facer un guión no instituto, el dixo porque non, que non sería dificil pensalo.
A mín a súa visita pareceume moi entretida e cercana ademais de dicirnos cousas moi importantes que poden pasar nun futuro non moi lexano. O que me fixo pensar foi que as cousas non saen sempre ben a primeira, e que por iso non hai que renderse.

Sorpresiña