3.3.13

Aínda non coñeces o baile de moda?

Despois do "Gangnam style", un novo vídeo está a causar furor polas redes sociais, titúlase "Harlem Shake" e é todo un fenómeno en YouTube. Este baile ou coreografía máis imitada de internet naceu nos anos 80 nun barrio neoyorquino de Harlem e consiste en mover os ombros e o torso. Aínda que a creación deste remóntase varios anos atrás, na actualidade alcanzou a súa máxima popularidade grazas o blogueiro Filthy Frank.

Este internauta produciu un clip onde se pode ver a catro persoas disfrazadas de diferentes personaxes (un power ranger, un extraterrestre, un oriental e un home cun traxe rosa) bailando o Harlem Shake ao son dunha canción do estadounidense “DJ Baauer” que leva o mismo nome. O video foi lanzado o 2 de febreiro e actualmente é un dos máis vistos.


Chega a España
Unha das últimas experiencias filmadas, imitando o paso de moda, non foi tal vez, a máis acertada. Un equipo de fútbol americano da universidade de Colorado (Estados Unidos) coreografióuno nun avión en pleno voo a 30 mil pies de altura e a aerolínea terminou sendo investigada polas autoridades federais estadounidenses.

Oficinistas, estudantes universitarios, bombeiros, militares noruegos e grupos de amigos xa comparten pola rede os seus vídeos imitando os pasos do Harlem Shake. Ti tamén podes facelo, anímate!