Amosando publicacións coa etiqueta Ríos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ríos b>. Amosar todas as publicacións
31.3.13
A troita, quinteto para piano e cordas
É unha música tan boa que podemos facer a proba de ir pola beira do río asubiándoa e veredes cómo as troitas tiran a cabeza fora da auga para a escoitar..."
REVISA
- Identifícanse axeitadamente o destinatario e mais o emisor?
- Séguese a estrutura típica do xénero, incluíndo os diversos elementos?
- A estrutura discursiva encarréirase con claridade a través dos (tres ou catro) parágrafos?
- Séguese a orde indutiva? Aparecen marcadores textuais de causa-consecuencia e/ou conclusivos?
- Hai exposición de motivos no inicio do corpo? Inclúe ideas e datos contrastábeis?
- A tese aparece ligada á demanda?
- Hai presenza de argumentos baseados na lexislación e de estratexias para persuadir e convencer?
- Cúmprense as regras de coherencia e queda perfectamente claro o obxectivo do escrito?
- Empregouse un rexistro formal?
- A expresión é correcta?
FERRAMENTAS e itinerario
auto-aprendizaxe: evernote
e se non te aclaras...
blogue, penzu, googledocs...
1º obxectivo:
investigar na rede (con xeito)
- premer nos enlaces propostos: visualizar información con calma e curiosidade
- repasar a estrutura do texto
2º obxectivo
- elexir 3 temas
- facer un esquema organizando o contido segundo cada tipo de texto: reclamación, queixa ou suxestión, é dicir, combinas fondo e forma:
- quen somos?
- a quen nos diriximos?
- que situación queremos dar a coñecer?
- segue facendo preguntas ...
- fas unha primeira redacción dos tres traballiños
- si...iii! son 3 "per capita"
en construción
un exempliño ... para orientar e revisar
Dirección de Antena 3
Cando vexo algúns programas ou concursos musicais na súa cadea, sempre estou agardando a ver se cantan algunha canción nunha lingua que non sexa o castelán ou o inglés. Eu ben sei que a maioría das linguas do Estado, aínda que sexan oficiais, non se coñecen moi ben nos lugares nos que non se falan; pero aínda así, teño que admitir que estou moi sorprendida de non escoitar nunca unha canción en galego, catalán, euskera...
É lóxico isto? É ben certo que a maioría das persoas non entenderían toda a letra das cancións, pero non é menos certo que cada dous por tres soan cancións en inglés. Enténdese mellor o inglés que as propias linguas do Estado ou é que pensamos que as linguas con menos número de falantes son inferiores ás outras?
Ao non facernos chegar música nas distintas linguas do Estado, pérdese a diversidade cultural e lingüística e desaténdese o artigo 5 da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. Por outra parte, hai moitos artistas que cantan nas súas linguas e non se dan a coñecer no resto de España cando cantan mellor ou igual que outros coñecidos.
Resumindo, entre todos temos que conseguir que leven a artistas das distintas linguas propias do Estado aos programas de televisión e que dean a posibilidade de poder escoller algunha canción nunha lingua oficial distinta do castelán para cantar nos concursos. Desta maneira, axudaremos a que se coñezan e valoren máis linguas, máis artistas.
R.C.
26.3.13
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

