
Esta banda estadounidense de Arkansas de rock alternativo creouse en 1995, despois de coñecerse a líder do grupo Amy Lee e Ben Moody (quen foi máis tarde parella dela) nun campamento.
O seu primero álbum foi “Origin” (2000), a continuación seguiulle “Fallen” (2003). Máis tarde foi “The Open Door” (2006) e en 2011 foi “Evanescence”. Ademais, tras gañar tres Premios Grammy, a inclusión da segunda canción do disco “Bring Me to Life” na banda sonora da película “Daredevil” incrementou notablemente a súa popularidade.
Hoxe en día, Amy e Will están pensando en grabar o seu cuarto disco, o cal estou segura que non pasará desapercibido.
Penso que é un grupo especial porque, a min, transmíteme sensacións a súa música, as sensacións dunha profunda serenidade nalgunhas cancións e de pura viveza noutras. Ademais de que me encanta a maneira de vestir de Amy.