28.3.13

Seguramente que ti tamén escoitaches o xénero "Hands Up!"

O Hands Up! é un estilo de música electrónica que foi creado en Alemaña no ano 2003. Este estilo de música caracterízase por ter un ritmo forte, dinámico, bases contundentes, melódico e xeralmente cantado. Este estilo tamén se deu nos Países Baixos e en Bélxica. Ao mesmo tempo é unha mezcla que combina Trance, techno, e dance dos anos 1990, presentándose como a evolución do Eurodance.

O hands up é difícil de situar no mundo da música xa que as melodías complexas e variadas que o caracterizan, fan del unha sonoridade única. Estas melodías transmiten unha vital espiritualidade positiva que procuran o benestar de quen o escoita. A xente levanta os brazos para demostrar este benestar, de ahí o nome deste estilo de música. Desta maneira, o Hands Up! destaca entre os demáis xéneros de música electrónica polas súas melodías pegadizas de carácter moi festivo.

integrar o parágrafo anterior


Na actualidade está en constante evolución e o número de fans é cada vez maior en todo o mundo. O seu éxito céntrase sobre todo en Europa, principalmente en Alemaña, en Polonia, en Portugal, en España e nos Países Baixos En Inglaterra, o Hands Up! encontrou o seu lugar grazas o nacemento dun subxénero o "Hands Up! UK", caracterizado por un ritmo máis rápido (150 a 155 bpm contra 140 a 145 bpm do "Hands Up!").

Os personaxes principais do handsup son sobre todo dous:
-Manuel Reuter, alias Manian que foi o primeiro en propoñer este xénero retomado rápidamente por outros productores coñecidos como os ItaloBrothers, DJ Gollum e incluso o célebre Basshunter.
-Robin Brandes alias Rob Mayth, el é para a maioría dos amantes deste xénero a referencia e un creador de verdadeiras obras de arte. Recoñécese pola súa forma particular de facer as súas producións e polo traballo xamáis igualado no handsup.
 En Galicia este xénero está a cusar furor polas zonas de marcha cun proxecto lanzado por Dj´s galegos (Galicia Hands Up!) como: Miguel Valbuena, Ramon Gz e Dj Piñas.