Amosando publicacións coa etiqueta Texto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Texto. Amosar todas as publicacións

6.4.13

Suxestión .

O poder da palabra.

Precisamos a palabra por dúas razóns. Primeiro porque a nosa intelixencia é estruturalmente linguístico, no poderíamos funcionar sen a palabra. Con ela manexamos a nosa memoria , diriximos a nosa acción, falámos a nós mesmos e reflexionamos sobre as cousas. No segundo lugar porque os noso hábitos ecolóxicos é linguístico.
 Ademáis de preocuparnos das impurezas do aire e da auga, deberíamos ocuparnos tamén de que no existisen impurezas na lenguaxe , porque iso imposibilita o entendemento e a comunicación , ambas cousas indispensables para a supervivenza do ser humano. Se non se parte de alí, chégase aos malos entendidos e incluso a violencia.


31.3.13

A troita, quinteto para piano e cordas

É unha música tan boa que podemos facer a proba de ir pola beira do río asubiándoa e veredes cómo as troitas tiran a cabeza fora da auga para a escoitar..."

XA TEMOS TEMA e xénero TEXTUAL

REVISA


  • Identifícanse axeitadamente o destinatario e mais o emisor?
  • Séguese a estrutura típica do xénero, incluíndo os diversos elementos?
  • A estrutura discursiva encarréirase con claridade a través dos (tres ou catro) parágrafos?
  • Séguese a orde indutiva? Aparecen marcadores textuais de causa-consecuencia e/ou conclusivos?
  • Hai exposición de motivos no inicio do corpo? Inclúe ideas e datos contrastábeis?
  • A tese aparece ligada á demanda?
  • Hai presenza de argumentos baseados na lexislación e de estratexias para persuadir e convencer?
  • Cúmprense as regras de coherencia e queda perfectamente claro o obxectivo do escrito?
  • Empregouse un rexistro formal?
  • A expresión é correcta?

FERRAMENTAS e itinerario

auto-aprendizaxe: 
evernote

e se non te aclaras... 
blogue, penzu, googledocs...

1º obxectivo:
 investigar na rede (con xeito)

2º obxectivo

  • elexir 3 temas
  • facer un esquema organizando o contido segundo cada tipo de texto: reclamación, queixa ou suxestión, é dicir, combinas fondo e forma:
  • quen somos?
  • a quen nos diriximos?
  • que situación queremos dar a coñecer?
  •  segue facendo preguntas ...

  • fas unha primeira redacción dos tres traballiños 
  • si...iii! son 3 "per capita"
en construción

ELIXE RECLAMACIÓN, QUEIXA e SUXESTIÓN




un exempliño ... para orientar e revisar



Dirección de Antena 3

Cando vexo algúns programas ou concursos musicais na súa cadea, sempre estou agardando a ver se cantan algunha canción nunha lingua que non sexa o castelán ou o inglés. Eu ben sei que a maioría das linguas do Estado, aínda que sexan oficiais, non se coñecen moi ben nos lugares nos que non se falan; pero aínda así, teño que admitir que estou moi sorprendida de non escoitar nunca unha canción en galego, catalán, euskera...
É lóxico isto? É ben certo que a maioría das persoas non entenderían toda a letra das cancións, pero non é menos certo que cada dous por tres soan cancións en inglés. Enténdese mellor o inglés que as propias linguas do Estado ou é que pensamos que as linguas con menos número de falantes son inferiores ás outras?
Ao non facernos chegar música nas distintas linguas do Estado, pérdese a diversidade cultural e lingüística e desaténdese o artigo 5 da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. Por outra parte, hai moitos artistas que cantan nas súas linguas e non se dan a coñecer no resto de España cando cantan mellor ou igual que outros coñecidos.
Resumindo, entre todos temos que conseguir que leven a artistas das distintas linguas propias do Estado aos programas de televisión e que dean a posibilidade de poder escoller algunha canción nunha lingua oficial distinta do castelán para cantar nos concursos. Desta maneira, axudaremos a que se coñezan e valoren máis linguas, máis artistas.
R.C.

13.3.13

TRABALLAMOS NO PENZU


INVENTA UN DIÁLOGO ENTRE UNHA RAPAZA QUE QUERE POÑERSE UN PEARCINGE MÁIS UNHA TATUAXE E O PROFESIONAL AO QUE ACODE. SELECCIONA O QUE CHE PAREZA IMPORTANTE DESTA INFORMACIÓN E INTRODÚCEA NO TEXTO .

TITULARES

Propón titulares a partir dos enunciados mediante o recurso da nominalización:
*Exemplo: O Deportivo clasifícase in extremis para cuartos de final  Clasificación in extremis do Deportivo
- O conselleiro foi cesado fulminantemente polo presidente da Xunta
- O Instituto Hidrográfico Portugués confirma que aparecen novas manchas de fuel na zona do afundimento
- Centos de veciños de Fisterra protestan pola fonte que o concello colocou no medio da praza maior
- Paralízase a construcción dun importante edificio porque incumpre a normativa vixente.

- O goberno non financia de maneira suficiente os centros de ensino público
- Os Estados do Sueste asiático están a rearmarse dun xeito preocupante nos últimos tempos
- A auga non foi subministrada a unha gran parte da poboación das zonas afectadas

12.3.13

TRABALLAMOS NA CASA

Converte o conto de Dieste nunha noticia xornalística:


Cando eu era rapazote chegou un día a Rianxo, paréceme que ás dez e media da mañá, unha balea. Algúns, para lle restar mérito á nosa vila, din que era unha balea moi pequena. [...] Eu non digo que fose como un Consistorio a aboiar na ría, non son tan argalleiro, pero a eslora dun patache poida que a tivese ben, e aquí entre vós hai outros que a viron e poden dar razón. [...] Os entendidos din que viña perdida, que entrou pola boca da ría como nunha gaiola e que, de moito dar voltas sen atopar saída, foi dar alí sen folgos, deixouse estar un intre e, como eran as mareas vivas e moito o seu calado, foise un pouco o mar e varou. [...]Houbo moito rebumbio entre os mariñeiros sobre o que conviña. Botáronlle un rizón, pero o rizón escorregaba e non prendía. Empuxáron con remos, non sei moi ben para qué, e recuaban as lanchas, desatracando dela coma dun transatlántico. Fixéronse enleadas manobras, con moitos berros e xuramentos, para lle pasar un cabo arredor, pero alguén dixo que aquilo era como querer levar preso cun fío a Oitentaenove (o hércules da vila), e tiña razón. [...] De súpeto (eu supoño que estaría enchendo o mar e que a balea encontrou folgo por debaixo de si para se remexer), de súpeto pensei que afogabamos todos, solagados na foula da súa manobra [...] Agora, para rematar o conto, direivos que non atopou as portas do seu grande mar e foi morrer a Vilanova.

Le+
ESTRUTURA DOS TEXTOS EXPOSITIVOS
PASOS BÁSICOS PARA FACER UN RESUMO
CONECTORES MÁIS USUAIS NOS TEXTOS EXPOSITIVOS

TRABALLAMOS NA AULA

Partindo dos seguintes enunciados, elabora un texto coherente e ben cohesionado:
- O nome científico do teixo común é Taxus baccata L.
- O teixo común pode acadar os dez metros de altura
- Todas as partes do teixo común conteñen principios velenosos
- Hai unha lenda negra en torno ao teixo
- A crenza de que o teixo era velenoso contribuíu ao retroceso do teixo
- O teixo é a árbore máis lonxeva das existentes en Galicia
- O teixo pode superar os dous mil anos de idade
- En Galicia non se encontran teixos moi vellos
- En Galicia destacan o teixo de Pondedeume e o teixo de Piornedo
- O teixo de Piornedo está datado en máis de setecentos anos
- O teixo de Pontedeume ten un diámetro de 130 cm.
- O teixo é apreciado pola excelente calidade da súa madeira
- Hai unha década descubriuse na cortiza do teixo unha substancia de uso farmacêutico