15.3.13

Tino Casal, semente da exuberancia

Sacado o tema de Sara sobre a época dos 60, 70 e 80, eu vou nomear a Tino Casal, un excelente cantante nacido en Asturias (1950) que significou un cambio total na música. E, aínda que a súa debilidade era a música pop, tamén se adicou á pintura e á escultura.

Extravagante ata a médula, tiña un estilo exuberante e recargado (palabras del: "Yo, en realidad, nací con una sobredosis") e espallaba orixinalidade en cada unha das súas cancións. De feito, el dicía: "Camino hacia la complicación. Cada vez busco mas ingredientes".

A súa carreira comezou en "Los Archiduques", grupo onde grabou tres singles. O seu primeiro disco en solitario foi "Neocasal", con grandes éxitos como "Champú de Huevo" ou "Billy Boy". Máis tarde publica "Etiqueta Negra", onde saca temas como "Embrujada" (preciosísima) ou "Póker para un perdedor". Un ano despois lanza "Hielo Rojo", do que sae "Pánico en el Edén", que é unha das miñas favoritas. A continuación seguiulle "Lágrimas de cocodrilo". E, por último, "Histeria", onde fai unha innovación da antiga e coñecida canción "Eloise" de Barry Ryan.

Por desgracia para a música, more 1991 por un accidente de tráfico ós corenta e un anos. Deixando orfa a unha nova semente que xerminaría na música grazas a el, o seu pai.

Aconsévollos que, ademais dalgunhas das cancións de arriba escoitedes "Sex o no Sex?" e “Muñecas”, que me encantan. Para min, foi o rei da música do seu tempo. E espero poder espallar un pouco por ahí, grazas a este blog, o que significou este home para a sociedade e a música e, sobre todo, espertar a vosa curiosidade, porque, a min, persoalmente, conseguiu namorarme coas súas cancións.
"Muñecas"