3.3.13

Pai do movemento Pop en Galicia

Cantautor galego coñecido popularmente como Andrés do Barro, tivo o mérito de ser un dos primeiros cantantes que utilizou o galego durante a ditadura do franquismo.

A súa vida deu un xiro inesperado o 3 de novembro de 1969, día no que aparece o single que contén "O tren", entrando ao número un de ventas en España, e sendo a primeira canción en galego en conseguilo.

O que el buscaba cantando en galego era o recoñecemento da súa lingua.
Me llamo Andrés Lapique do Barro y os presento unas cuantas de mis canciones. Hoy son en gallego porque así las he sentido y porque quiero colaborar con todo interés y cariño a dignificar mi idioma materno, caído durante muchos años en el más cruel menosprecio”.

Utilizou un pop contaxioso con toques de folk, no que a súa voz, transmite emocións e a súa delgada figura debilidade.
O repentino e inesperado éxito que chegou con "O tren", lévao ao cine en "En la Red de mi Canción" (Mariano Ozores, 1971), xunto a Concha Velasco e os Sprinters, nunha aventura cinematográfica que fracasou.
Neste mesmo ano sae ¡Pum!, consolidándose con temas como "Pandeirada" e "Meu amor".

"Movemento dobarrista" é un disco tributo a Andrés do Barro, onde trinta grupos do pop galego dan un sopro de aire fresco rememorando a paixón pola música de Andrés do Barro.