Amosando publicacións coa etiqueta _DEPORTES_. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta _DEPORTES_. Amosar todas as publicacións

4.6.13

O sentimento que levanta o futbol

Este deporte e o que máis xente e diñeiro move no mundo. Desperta moitos sentimentos como a alegría, cando o teu equipo gaña un título ou tristeza, como pasou fai uns días co Deportivo cando baixou a segunda división. Tamén pode provocar enfados, onde se ve a mala imaxe deste deporte, cando as aficcións e os mesmos xogadores ou incluso adestradores, que deberian dar exemplo xa que son persoas a seguir por moitos rapaces e rapazas, metense en liortas.

Pero non todo son emocións e sentimentos, tamen hai un problema de vital importancia, o despilfarro de cartos, non podo creer que neste deporte se gaste tanto diñeiro en comprar xogadores, como Cristiano Ronaldo(96 mill.) entre moitos outros e nos seus salarios como Arshavin(24 mill. ao ano), estando na actualidade en crisis económica.

Empleando o que demos hai uns dias na clase,tocame moito o carallo que se gasten eses cartos, pero o futbol é asi e gustariame conmemorar esta gran cita de Valentín Figueira: "Recordade, hai que encontrar un equipo, sentilos colores e sufrir con el."




3.4.13

Sabedes cal é a nova canción do Depor?

Desde hai bastante tempo o Deportivo da Coruña está apoiado polos seus seguidores. E cando o equipo estaba último os afeccionados comezaron a cantar o lema "Pódese".

Pero agora entereime que fixeron aunha canción cara o equipo chamada, "Pódese", creada polo coruñes Hugo Torreiro, que moitos recoñecedes pola súa participación no programa de televisión, "La Voz".

Esta canción transmiteme que o "Depor", sempre que estea nunha mala dinámica sempre serán apoiados polos seus seguidores incondicionais, é cando máis se necesita non e cando se vai gañando que é o máis doado. Para eles o Deportivo son e serán o seu campión particular, nas boas e malas e para sempre.

Despois de tantos esforzos para axudar ao equipo. Vos que creedes.
Pódese ou non? Eu o teño claro... PÓDESE!!!!!

17.3.13

Muay Thai

O Muay Thai é un arte marcial tailandés que foi nos seus inicios un método de autodefensa de cara aos conquistadores, imprescindible para todo o pobo de Thai dada a súa eficacia para derrotar ao opoñente. Tamén é coñecido como a "loita dos oito membros" xa que se empregan máns, pés, cóbados e xeonllos para pelexar.


16.3.13

E pensaban que podían connosco.


marca un gol
marca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un gol


Deportivo  3-1  Celta

Onte se celebrou o esperado e sempre especial Derbi Deportivo-Celta no estadio de Riazor da Coruña ás 21.45 da noite. O campo estaba a rebosar polos seguidores do Deportivo e 900 celtarras que, ao remate do partido, xa non tiñan tantas enerxías como cando empezou o encontro e marcharon co rabo entre as pernas; isto se lle suma á expulsión de Aspas, pouca deportividade pola súa parte-o seu erro pudo ser un factor que axudou a perder ao seu equipo-.

Hugo Mallo incendia el derbi
Mirade que contentos andaban antes de que os mandaramos de volta a súa aldea .

O Deportivo, como non, deulle unha paliza ao Celta, como estes últimos anos. Boas xogadas, pases incribles, goles que quitan o hipo e que fan gritar de alegría.

Os xogadores que nos fixeron ganar foron os que marcaron os goles clave, aínda que todos fixeron unha boa labor coa impresionante coordinación e colaboración coa que sempre xoga o equipo blanquiazul.


  • No 8' gol de Riki, cunha asistencia perfecta do noso querido 21, Valerón! (Qué faríamos sen tí?)
  • No 63' gol de Silvio, tiro impresionante que se cola pola escuadra.
  • No 78' gol de Salomao regateando a Varas e sustituíndo ben a Riki (11).




SEMPRE, REAL CLUB DEPORTIVO DE LA CORUÑA

marca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un golmarca un gol

12.3.13

#onosoderbi

Este vernes xogase en Riazor o partido máis esperados polos siareiros galegos o Deportivo da Coruña contra o Celta de Vigo, este partido de fútbol é mais que un partido para moitos, porque é unha rivalidade de moitos anos atras.

Este derbi non se facía en primeira división dende hai uns 6 anos, ese ano gañou o Celta pero baixou a segunda división, e durante 4 anos.
Nese tempo non houbo estes partidos ata que fai 2 anos o Deportivo baixou a segunda división e se volveu a disputar o encontro nos que gañaron pola mínima os da coruña, e fixeronse campeóns de segunda división, os de Vigo subiron a primeira pero segundos.

Despois de tantos anos volvese a ver o partido na categoría que debe ser, aínda que os dous equipos están en situacións complicadas o Deportivo último a 9 puntos de salvarse e o Celta último a 3 de salvarse.

Este partido é seguido por moitos lugares e por multitudes de xente, en especial en Vigo e Coruña. Nalgunhas redes sociais, como en Twitter co hastak : #onosoderbi , facebook e páxinas externas.

Aquí vos deixo un video:

21.2.13

FIFA: ASINA A PETICIÓN


Verónica Boquete lanza unha recollida de sinaturas para que os videoxogos FIFA inclúan xogadoras e equipos femininos. A iniciativa da futbolista galega acumula case 15.000 firmas.

18.10.12

Mike Tyson

Mike Tyson foi un grandísimo exboseador estadounidense ( 30 junio de 1966 ), ganou duas veces o título dos pesos pesados pola década dos 80 no que foi o boxador máis xoven en conseguilo rompendo moitos records. O seu manager Bobby Stewart iniciouno no mundo do boxeo amateur no 1981, daquela apodado ``O Tanque ´´, pero iso do amateur quedoulle pequeno e decidiu a entrar no boxeo profesional.


14.10.12

A orixe dos xogos olímpicos




Os xogos olímpicos xorden na antiga Grecia en honor ós deuses.

Os gregos vivían en tribus que debido a accidentada xeografía de Grecia, constituíronse como comunidades independentes.

O único elemento unificador foi a súa relixión, unha complexa mitoloxía que incluía deuses e semideuses con corpo humano, con increíbles poderes e habilidades. Estas divindades formaban unha gran familia, encabezada por Zeus. No palacio ubicado no monte Olimpo, dende donde Zeus dirixía o mundo, os deuses reuníanse a beber un maravilloso néctar, chamado ambrosía. Este elíxir facíaos inmortales e os mantiña eternamente xóvenes.

11.10.12

FÚTBOL GAÉLICO



O fútbol gaélico orixínase no século XVI aínda que empeza a coller popularidade no século XIX.
É un deporte que varía do fútbol mesturado co rugby e xógase maiormente en Irlanda,o seu país de procedencia.
Aquí na nosa querida cidade da Coruña tamén se xoga este deporte, de feito, temos un equipo:
Os Fillos de Breogán que se fundou no ano 2010.
Os fillos de Breogán na cidade
deportiva da Torre de Hercules


6.10.12

A revista galega para os amantes do baloncesto

Os afeccionados galegos ao baloncesto están de noraboa. O mes de outubro chega cunha innovadora publicación debaixo do brazo. Nace Zona Press, unha revista mensual de básquet, en galego e centrada nun deporte que, se xa tiña auxe en Galicia, conta agora con milleiros de seareiros por todo o país.

23.9.12

A orixe dos xogos olímpicos




Os xogos olímpicos xorden na antiga Grecia en honor ós 
deuses.

Os gregos vivían en tribus que debido a accidentada xeografía de Grecia, constituíronse como comunidades independentes.

O único elemento unificador foi a súa relixión, unha complexa mitoloxía que incluía deuses e semideuses con corpo humano, con increíbles poderes e habilidades. Estas divindades formaban unha gran familia, encabezada por Zeus. No palacio ubicado no monte Olimpo, dende donde Zeus dirixía o mundo, os deuses reuníanse a beber un maravilloso néctar, chamado ambrosía. Este elíxir facíaos inmortales e os mantiña eternamente xóvenes.

Pentatlón

Para honrar ós deuses, os gregos construían bellísimos templos e realizaban grandes festexos. Os xogos deportivos tiñan un papel importante nas festas que os gregos realizaban en honor a Zeus en Olimpia, para Poseidón en Corinto e para Apolo en Delfos.

13.9.12


"As remeiras sentímonos máis recoñecidas en Euskadi que en Galicia"