Amosando publicacións coa etiqueta .Propostas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta .Propostas. Amosar todas as publicacións

4.3.13

Snakizados

Foto: Acabamos de enterarnos que Gustavo Pernas ven de recibir o Premio Maruxa Villanueva de Interpretación, que concede o Concello de Padrón. NonHé, o Snakizado puxose así de contento, e o resto do equipo tamén.
A min esta obra deixoume un pouco ... descolocada?  non sei que palabras utilizar, cando tiña un pouco de sentido perdiao completamente, nótase que aínda non estou formada totalmente para entendela.

 Estar tanto tempo alí con tanto guión foi abafante, facíame estar un pouco molesta... pero aínda aí, fun entendendo cousas un pouco soltas; a humanidade necesita volver a ser un pouco máis primitiva, non pode guiarse por tanta tecnoloxía.
Nesta obra citáronse varias obras de arte con palabras moi sutís como "reloxos"(reloxos derretidos de Salvador Dalí) entre outras..
Salvador Dalí tamén pintou este cadro que recordoume un pouco a obra xa que vese que dun ovo esta a sair un home.. como na obra saía do "utero da terra".

28.2.13

Stop desahucios


Como xa sabedes, existe unha crisis moi forte neste intre.
O que afecta a burbulla inmobiliaria. E isto; os bancos.... débelles crear bastantes problemas para ter que desahuciar a unha persoa por retrasarse nun ou dous pagos da súa renta, como lle pasou a Aurelia Rey  na nosa cidade.

Para que estes desahucios non se leven a cabo creouse unha plataforma chamada STOP DESAHUCIOS; onde a xente pode contar a súa historia e persoas van ao seu caron para evitar o desaloxamento da policía xa que se opoñen a que entren no portal.

O que tamén se opoñeu a desahuciar a Aurelia foi este bombeiro da Coruña, que colleu un panfleto; puxo no camión e volveu ao seu traballo na central de bombeiros.
Isto fixo que outros bombeiros de España se solidarizen con el e non desahucien co eslogan "RESCATAMOS A LAS PERSONAS, NO A LOS BANCOS"







13.2.13

Remata o entroido!

Micaela, Buño
Por tradición, máis non é así en todas partes, o mércores de cinza ten lugar o “Enterro da Sardiña” ou do Entroido. Este faise pola tardiña, aínda que tamén pode celebrarse o martes e mesmo o domingo seguinte, coñecido como Domingo de Piñata. Con el remata o Entroido e indícanos a coresma que vai entrar.

Hai poboacións onde o primeiro día penduran un boneco grande de palla dunha árbore, ventá ou balcón , que ven ser o Meco; un personaxe misterioso e lexendario. Así bota ata o derradeiro día de festa no que é levado en procesión, acabando por ser queimado, tirado a un río ou enterrado.

Faustino, Malpica
No meu pobo, Malpica, lévano en procesión ata unha praza onde os seus acompañantes danlle o seu  último adeus con discursos burlescos, antes de ser levado ao porto onde será queimado. Por suposto neste acto non faltan os cregos, as autoridades e as choronas. A sardiña ou o Entroido, que neste caso chámase Faustino, vai dentro dun cadaleito e os demais detrás.

6.12.12

7.11.12

Estás preparado para o novo exame de condución?

Sabedes que a partir do decembro de este mes a DGT vai a aumentar a dificultade do exame. Tanto no exame teórico coma no práctico. Este cambio veu para todos aqueles conductores que non aproben o test teórico de memoria. Aumentan o número de preguntas no práctico de 800 a 15.000.

No exame práctico non vai ser tan doado como agora, terá tres partes : na primeira unha condución autónoma, na segunda unha condución de 15 minutos guiada e por último se tes algún erro, explicarante os fallos cometidos.
De agora en adiante os que lle toque sacar o carnet de conducir terán que estudidar bastante máis facer moitas prácticas de conducción.

Aquí vos deixo a opinión dos cidadáns:


OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE?




3.11.12




"Dende o mar, A Coruña e Vigo son a mesma cidade. Dous pontóns dun mesmo océano"

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza a partir do vindeiro venres 9 de novembro un obradoiro sobre a relación entre o mar e a literatura, que estará coordinado por Xurxo Souto, e que se realizará até final de ano todos os venres no Club do Mar de Santo Amaro, na Coruña.