Amosando publicacións coa etiqueta Nós. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nós. Amosar todas as publicacións

9.11.12

O Grupo Nós.

Está formado por Vicente Risco , Cuevillas , Ramón Otero Pedrayo e Antón Losada Diéguez .
Que nacen en torno a 1885 e pertencen a xeración das Irmandades. A eles únese Castelao para realizar proxectos artísticos e culturais.

O nome do grupo procede da revista Nós , fundada en Ourense (1920). Foi unha da publicación máis importante de Galicia da preguerra e ocupouse  das diversas facetas que compoñen a cultura galega.
Galiza comeza a ser obxecto de estudo e investigación. Recupera a súa identidade, modernización e europeización cultural .


Christiane 4_A.

21.9.12


Considerando que na actualidade a Rede é a principal fonte de información para boa parte dos galegos e en vista das dificultades que hai para atopar os contidos de certas publicacións moi representativas da nosa cultura, chega o blog Publicación Galegas, que busca recuperar a Revista Nós, os xornais A Nosa Terra e A Fouce e outras publicacións de interese (como Terra,Alento, Guieiro e Rexurdimento), que irá recollendo en formato PDF para facilitar a súa descarga e consulta, pretendendo así favorecer á súa divulgación.

20.9.12



O FIDALGO
OTERO PEDRAYO, R.
Contos do Camiño e da rúa, 1932


 mulleres no  seminario de estudos galegos


O SEG foi unha institución científico-cultural ligada á Universidade compostelá que durante os seus trece anos de vida (1923-1936) integrou no seu seo profesorado e alumnado universitario, intelectuais galeguistas da xeración Nós e das Irmandades da Fala e membros salientables dos distintos cenáculos da erudición local galega.