4.3.13

Snakizados

Foto: Acabamos de enterarnos que Gustavo Pernas ven de recibir o Premio Maruxa Villanueva de Interpretación, que concede o Concello de Padrón. NonHé, o Snakizado puxose así de contento, e o resto do equipo tamén.
A min esta obra deixoume un pouco ... descolocada?  non sei que palabras utilizar, cando tiña un pouco de sentido perdiao completamente, nótase que aínda non estou formada totalmente para entendela.

 Estar tanto tempo alí con tanto guión foi abafante, facíame estar un pouco molesta... pero aínda aí, fun entendendo cousas un pouco soltas; a humanidade necesita volver a ser un pouco máis primitiva, non pode guiarse por tanta tecnoloxía.
Nesta obra citáronse varias obras de arte con palabras moi sutís como "reloxos"(reloxos derretidos de Salvador Dalí) entre outras..
Salvador Dalí tamén pintou este cadro que recordoume un pouco a obra xa que vese que dun ovo esta a sair un home.. como na obra saía do "utero da terra".