Amosando publicacións coa etiqueta 1º terzo XX. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1º terzo XX. Amosar todas as publicacións

6.5.13

A verdade de Miss España 1933

A Miss España galeguista, un mito ¿verdadeiro ou unha farsa? Seguro que non a coñecías, pero agora, incluso vas poder opinar sobre a verdade que pode haber a cerca do seu espírito galeguista desta viguesa.


Emilia Docet (1915-1995) é elixida Miss España en 1933 con dezasete anos. Dende entón, salta á fama e dáse a coñecer tanto física coma psicoloxicamente. E xorde un rumor en torno a ela: seu amor por Galicia. Chegando a ser nomeada por algúns coma musa dos republicanos galegos. Hoxe, volve estar en boca dos xornais e na nosa.

Nunca estivo clara a súa ideoloxía, pero moitos afirman que era unha fervente galeguista: “A maior alegría da miña vida será o día no que á nosa terra se lle conceda o seu Estatuto”. Mentres que outros que mellor a coñecían non estaban tan seguros diso: "Que a miña nai simpatizou con algúns galeguistas é certo, pero nunca militou nese partido nin se dedicou a facer campaña electoral".

Eu descubrín que estaba casada co médico galeguista Xosé Núñez Búa. De aí que moitos lle aplicasen os ideais do seu marido a ela. Seguramente el fose quen a presentou ante os seus amigos galeguistas e a introduciu nese mundo. Sobre o que investiguei, penso que non merece ese título que recibiu. Agora sodes vós quen opinades.

13.10.12

Primeiro discurso político en galego


Sucedeu hai 105 anos

O 6 de outubro de 1907, en Betanzos, Manuel Lugrís Freire empregaba por primeira vez o galego nun acto politico.

Este ano creouse Solidaridad Gallega; un proxecto no que Lugrís Freire desenvolverá unha activa militancia. O novo partido pretendía conxugar o rexionalismo coas loitas agrarias e é nese contexto no que se sitúa o seu discurso pronunciado o 6 de outubro de 1907 en Betanzos, recoñecido como o primeiro mitin enunciado en lingua galega. A alocución foi publicada integramente no número 11 do periódico A Nosa Terra, o 19 de outubro de 1907.
Ver información ampliada na páxina da RAG