Amosando publicacións coa etiqueta Posguerra b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Posguerra b>. Amosar todas as publicacións
3.7.13
2.7.13
7.5.13
ÁLVARO CUNQUEIRO.
Cursa no Bacharelato en Lugo, encanto despois marcha a Santiago por estudos como Filosofía e Letras. Publica varios libros de poesía, tras a guerra comeza a sua profesión como xornalista.
Desde os anos sesenta convértese nun excritor de extito que gaña varios premios. En 1964 ingresa na Real Academia Galega cando en 1981 foi nomeado Doutor Honoris Causa, pero morre ese mesmo ano en Vigo.
Fixo moitas obras como por exemplo a Narrativa que esta composta por tres novelas:( Merlín e Familia, As crónicas do sochantre é Si o vello Sinbad volvese as illas) e tres libros de relatos:( Escola de Manciñeiros, De aquí e de acolá é Os outros feirantes.
Despois da Narrativa fixo Poesía, Teatro e por último Ensaio. Álvaro foi un dos grandes xornalistas na sua época tendo en conta os duros tempos que tiña que pasar.
6.5.13
A esmorga- Eduardo Blanco Amor
Este libro atópase estruturado de maneria que o lector mediante a súa capacidade de intrepretación poida comprender a complicidade do libro; a eliminación das preguntas do xuíz e a introdución do libro que xusto se atopa no final deste dando comezo ao discurso de Cibrán, que da a coñecer aspectos non moi relevantes sobre o que rodearía os acontecementos.
Esta novela debemos ubicala dentro dos resultados que a perspectiva crítica creada pola socioloxía vai ter no mundo da creación literaria e, fundamentalmente, vencellada a un movemento artístico de posguerra que coñecemos co nome de neo-realismo.
Os nomes que se atribúen aos personaxes indícanos algo da súa personalidade; secundarios:
-A Cansentado
-A Costilleta
-A Cupatrás
-A Fani
-A Fuca
-A María dos Acidentes
-A Monfortina
-A Nonó
-A Piolla
-A Zorrita
-Lisardiño
-Lola a Viguesa
-Narizán
-O Zamorano
-Pepe o Cabito
-Raxada
-Rodeiro
e moitos máis.
Principais:
-Cipriano Canedo ou o Cibrán ou o Castizo ou o Tiñica ou o Puchapodre.
Home honesto que pretende traballar(sen conseguilo),único supervivínte e comete o suicidio despois de facer a declaración ante o xuíz. Personaxe principal.
-Eladio Vilarchao ou o Milhomes ou o Papaganduxos ou o Maricallas.
Home afeminado e regordeche. Personaxe secundario.
-Juan Fariña ou o Bocas ou o Alifante ou o Peitodemacho.
Home viril, demasiado, brusco e algo salvaxe. Personaxe secundario.
Os dous personaxes secuandarios máis ca amigos de Ciprián, parecen ser os antegonistas; meten a Ciprián en situacións moi comprometidas, perigosas e insaudables.
26.4.13
8.4.13
18.3.13
16.3.13
2.3.13
24.2.13
O MEU BISAVÓ
O ano pasado fixen unha entradiña no blogue de galego sobre o meu bisavó; hoxe, coas cousas ven pensadas e contrastadas dispoñome a contarvos a historia do meu bisavó Xesús Bra .
Este home tiña 9 fillos; 5 da primeira muller (irmá da nai da miña avoa) e 4 da segunda( Manolo, Mercedes, Purificación e Emérita); é importante nomear os da segunda muller xa que, dúas historias teñen que ver con Pura e coa miña avóa Emérita.
Comencemos:
Meu bisavó, despois do remate da guerra tivose que ir vivir durante un tempo as covas e matorrais enrriba de Mesía; xa que os policías dixéronlle que se quería seguir vivindo tería que denunciar as cousas que facían os seus amigos e veciños; o negarse, tivo que marchar da casa.
Él e outros veciños ían de cando en vez xuntos; e se vían a alguén, formaban "guerrillas".
Doutras veces andaba só, pero sempre volvía a casa pola noite para facer as tarefas do día(que os seus fillos por mor de idade e forza non daban feito).
As historias que veñen a continuación foron contadas por pura (que xa morreu) e pola miña avoa Emérita(que segue viva).
A historia do muiño.(contada por Pura en vida)
Era unha noite tirando xa cara a madrugada cando a miña bisavoa e a miña tiaavoa ían cara o escondite do meu bisavó para levarlle algo de comer e algunha que outra roupa; (Pura tiña cerca de 3 anos), despois dun tempo camiñando por un prado apareceron dous policías que lles preguntaron a onde ían; miña bisavoa dixo que ao muiño, e un deles colleu a escopeta e apuntándoa díxolle que lle dixera onde se escondían os que ían ver ou que a mataba, miña bisavoa aínda que amedrentada e chorando seguiu a dicir que ían o muiño, despois disto o policía apuntou cara Pura e preguntóulle a ela onde andaba o seu pai, Pura só chorou e estivoa amenazando con matar a nai, o segundo garda, díxolle o que tiña a pistola que as deixase; e aí quedou a cousa.
A historia da lareira:(contada pola miña avoa)
Era tamén de noite coma na outra historia, pero desta, o meu bisavó xá regresara a casa e os civís xa non o perseguían; a miña avoa foi espertada polo meu bisavó dicíndolle que saíse fora e vixiase por se viña alguén, e se isto sucedía, que fora correndo a avisalo; resulta que un home chamado Foucellas entrara na casa cos seus homes que andaban a igual que o meu bisavó tempo atrás agochandose dos mandados de Franco, estaban empapados e pedíronlle que encendese a lareira para quentarse. O meu bisavó o fixo pero díxolles que non volvesen por alí porque os civís tamén castigaban os que axudaban os escapistas; Foucellas díxolle que sería a última vez.
Este señor era unha especie de "Robin Hood" na miña aldea; os que tiñan máis roubaballes e se vía a alguén que tivese moito apuro sempre lle daba algo; os veciños da miña avoa eran un dos máis ricos dentro da pobreza de Mesía e sempre lles roubaban queixos e mel entre xoias e cartos. Foucellas díxolle o meu bisavó que se lles molestaban que llo dixese, que el encargaríase de eles. Aínda que si que os seus fillos e a el o trataban mal, meu bisavó calou a boca e díxolle que non tiña problemas con eles, de ahí a unha tempada deuse a saber que alguén entrara na casa dos veciños e roubáranlle dous bestas e unha burra ....
Outra entrada que farei será sobre Foucellas.
( próximamente poñerei unha foto do meu bisavó, grazas por leelo)
22.2.13
21.2.13
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

