Amosando publicacións coa etiqueta Castelao. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Castelao. Amosar todas as publicacións

11.11.12

Castelao, Pai do Nacionalismo Galego


Castelao (Rianxo, 1886 - Boas Aires, 1950) é en moitos aspectos, a figura máis relevante da historia da cultura galega do século XX.

Dotado dunha sensibilidade singular, extraordinario debuxante, literato e un profundo coñecedor da psicoloxía do pobo galego, que queda reflectida na súa obra chea de comprensión e humanidade.

Licenciouse en Medicina en Santiago, pero confesaba: "Fixenme médico por amor a meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade", foi membro do corpo técnico do Instituto Xeográfico Estadístico e profesor auxiliar de debuxo no instituto de Pontevedra.

6.10.12

SEMPRE EN GALIZA

video
texto

HAI UN GALEGO NA LÚA

Animación en plastilina, baseada nun relato de Castelao. Nun porto do norte de Europa, encóntranse un mariñeiro que fala inglés con outro que fala francés. Ambos beben xuntos, ainda que sen entenderse. Cando se dispoñen a pagar danse conta de que acaban de ser vítimas dun ladrón de carteiras.



en construción


Compañeiro Daniel de vida innumerable

como os astros do ceo i os camiños do mar

na tenebrosa noite da patria inhabitable

témoste no recordo con mao á luz alba.

A ti falo, Daniel, morto lonxe da terra

es noso i a túa luz alumea a escuridá

que nos deixou a historia de tres anos de guerra

en que os lobos mataron a luz e libertá.


Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban

i enloitaron cunetas con sangue loitador

as pistolas sonaban i os panbidos berraban

a terrible victoria do odio e do terror.

E ti fúcheste lonxe predicar no deserto

pra erguerdes un exército que endexamais loitou

e morriches un día sin veres entreaberto

o camiño da volta que a túa alma soñou.


Pro na Patria abatida e do pobo explotado

nacimos nós os fillos da morte e do tristén

percurando furiosos vinganza e novo Estado

i unha roxa alborada sin cabo nin comén.

I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe

matou desesperado na outra banda do mar

prometémosche a terra dunha Galicia ceibe

pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar.

Darío Xohán Cabana