Hugo , irmán de Noa, é un rapaz moi pasota , dálle igual ir en pixama para comprar pan, por exemplo . E Noa, é todo o contrario, é unha apaixoada da moda, e gústalle ir sempre a úlltima . Un día , tiñan que ir ao cine cos seus amigos, e Hugo quixo saír en chandal, alí empeza a súa discusión...
Amosando publicacións coa etiqueta Palabras b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Palabras b>. Amosar todas as publicacións
20.6.13
Noa, a paranoíca da moda .
Hugo , irmán de Noa, é un rapaz moi pasota , dálle igual ir en pixama para comprar pan, por exemplo . E Noa, é todo o contrario, é unha apaixoada da moda, e gústalle ir sempre a úlltima . Un día , tiñan que ir ao cine cos seus amigos, e Hugo quixo saír en chandal, alí empeza a súa discusión...13.6.13
10.6.13
8.6.13
Unha cousa moi común
Dúas amigas, Laura e Alessia, quedan nun centro comercial ás 6 da tarde. Alessia chega tarde á hora marcada, e despois de media hora, aparece. Ela explícalle o que lle sucedeu e Laura intenta axudala.Laura: xa pensei que te olvidaras de quedar comigo.
Alessia: Cala oh cala... Que xa che conto agora o que me pasou.
O que pasa todos os días.
7.6.13
Ai, Xosé...
Médico e enfermo levan algunhas semanas sen verse. Eles teñen por costume verse moi amiúdo, pois son moi amigos. Hoxe Manuel visitará ó seu médico Xoan.
Médico: -Canto tempo Manuel! Xa pensei que estiraras a pata.
Enfermo: -Vai amodo, ho... So estiven enfermo uns días na cama.
Médico: -Mais ben che chegaron. Para ti que tes un cu de mal asento deberon de sentarche coma un gran no cu.
Enfermo: -Si, e parece que vai empeorar o día, eh...
Médico: -Andas nas patacas, Manuel! Esperta!
5.6.13
Cousas da vida...
Un pai e a
súa filla atópanse sentados na mesa dispostos a comer despois dunha xornada
laboral, e comezan a discutir sobre como van os tempos de hoxe en día e como
eran os de antes.
Xoán: Que
tal o día no instituto?
4.6.13
Rapaces...
Dous mozos de curta idade atópanse sentados nun banco ao carón da beira do mar. Discuten sobre as vivenzas ocorridas na clase. O mar bate con forza e fai moito frío, isto fai acelerar a súa conversación:-Oliver: Que tal andas na clase ?
-Uxío: Cala oh, cala! Non me fales diso... que xa estou ata o carallo!
Soño de todo español..
Urdangarín encóntrase declarando cando o avogado da oposición comeza a facerlle o cuestionario...
Avogado: Non é verdade señor Urdangarín que o déficit da súa empresa NOOS é máis elevado do que pon na súa renta?
Urdangarín: In dubio pro reo pode buscar os documentos que lle demostrarán explícitamente en que se investiron os cartos obtidos, os gastados nos empregados, as accións mercadas, etc.
Ai que velliñas estas.. !
Dúas mulleres encóntrase no mercado, no posto das frutas, e comezan a esbardallar das súas veciñas...Maruxa: Ei María, e logho ti por aquí ?
María: Ai dior mío canto tempiño sen verte, mira que enghordaches de carallo! E parese que seghues tengo moita fachenda. Comiches por un tubo ou...?
Maruxa: Bueno, e que acaban de pasar as festas e un ...pois come como un porco. E non te faghas a parva que ti tamén estás así.
María: Bueno, carallo bueno... non me tolees a cabesa.. E non sabes que a dos do muiñeiro casou cun que está podre de cartos? Ai manda carallo, e lista como un allo.
Maruxa: Ai pois eu vina con otro na tasca e ven que se lle arrimaba, mira que é ben cocha!
María: Vaise armar a do demo..
Maruxa: Ten carallo a cousa eh !
María: É moito sarillo, un día está con un e otro día está con outro.
Maruxa: Mira que me fode que chova todos os días, cagho en diola.
María : Bueno muller... nunca choveu que non escampara.
Maruxa: Ai nena ven tomar o café a casa.
María : Non coño, teño moito por faser, senón non acabo nunca e o marido nin arre nin xo que non fai nada, ten os ghuevos peghados ao sofá, se sacara ás vacas...
Maruxa: Bueno eu voume se queres vir eu tou todo o día na casa que ven o fillo ca nora e vamos estar todos, se queres pásate.
Por ela, mandáronme ao carallo
Nunha pequena aldea na zona de Lugo, dous amigos baixan un ratiño a falar.
Un deles ten un pouco de présa e anda un pouco sarillo.
Iván: Meu, como andas?
Iván: Xa vexo que tes algo de présa, porque pareces ter un formigo...
Pepe: E logo que queres? Levo toda a semana buscando un traballo no que poida estar ben e cobrar algo, porque estou ao bordo do abismo por non poder pagar a casa.
Iván: Home e por que non me pediches axuda? Sabes que na fábrica onde traballo eu pode haber algún sitio. Xa sabes que hoxe en día, buscar un traballiño é como buscar unha agulla nun palleiro.
Pepe: Xa, pero sabes que podo encontralo.
Iván: Non digo que non, ademáis, xa sabes que vai custar caro o que fixeches no último que tiveches.
Pepe: Bueno, carallo, bueno! só porque quixen tema coa amante do xefe. Aínda lembro que se puxo coma unha fera, ata daba medo.
Tiven que darlle sebo aos pés.
Iván: E vas moi lonxe a buscalo ou que?
Pepe: Está no quinto carallo, mais non importa, teño que conseguilo aínda que haxa que bicarlle os pés.
Iván: Pois dalle, carallo, dalle. Que teñas moitísima sorte e non esquezas que se non o consegues, estou ao teu lado e podo axudar un pouco.
Pepe: Grazas meu, dame un abrazo!
Iván: Non sexas marica, ho!
Veña, abur!
6.4.13
Suxestión .
O poder da palabra.
Precisamos a palabra por dúas razóns. Primeiro porque a nosa intelixencia é estruturalmente linguístico, no poderíamos funcionar sen a palabra. Con ela manexamos a nosa memoria , diriximos a nosa acción, falámos a nós mesmos e reflexionamos sobre as cousas. No segundo lugar porque os noso hábitos ecolóxicos é linguístico.
Ademáis de preocuparnos das impurezas do aire e da auga, deberíamos ocuparnos tamén de que no existisen impurezas na lenguaxe , porque iso imposibilita o entendemento e a comunicación , ambas cousas indispensables para a supervivenza do ser humano. Se non se parte de alí, chégase aos malos entendidos e incluso a violencia.
8.11.12
3.11.12
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






