Amosando publicacións coa etiqueta Mito b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mito b>. Amosar todas as publicacións
13.6.13
10.6.13
15.4.13
¿Cres na inmortalidade?
Dende hai séculos segue cuestionándose a existencia dunhas criaturas especialmente interesantes que, como din, posúen o don da inmortalidade: os vampiros.
A primeira descrición “oficial” destes seres apareceu na famosa obra literaria Drácula, de Bram Stocker. Dende entón, miles de variantes foron dando forma ó que hoxe coñecemos como vampiro.
Ninguén sabe a ciencia certa se só se trata dun mito ou hai algo máis, pero atopáronse indicios de vampirismo durante toda a vida en diferentes partes do mundo, de feito, hai moitas noticias que o corroboran.
Eu son unha fanática desta particular especie que tanto me fascina. A búsqueda da eternidade e o morbo do sangue, da morte e do misterioso creo que son a base de que nos gusten tanto a algunhas persoas. Sen embargo, enfróntase co medo que outros presentan ao descoñecido.
Eu, para que podades sacar as vosas propias conclusións, quérovos incitar e introducirvos un pouco neste mundo e aprender un pouco máis. Así, vouvos ensinar algunhas das razas de vampiros. As que, estou de segura, que non vos deixarán indiferentes.
19.3.13
VELAÍ VAI UNs SONETiños
NEGACIÓN DE ULISES E TESEO
Se algunha vez tiveses que agardar entre fío
e tecidos, non sexas Penélope que tece
e destece os bordados axiña que anoitece.
Ulises non existe, foi verso fuxidío.
Se algunha vez tiveses que agardar entre fío
e tecidos, non sexas Ariadna que ofrece
saír do labirinto mortal a quen a esquece.
Teseo non existe, só queda o desafío.
Se algunha vez eu debo partir como Odiseo
prefiro voltar sempre vencido a Compostela.
Non me importa a derrota se ti me identificas.
Se algunha vez eu debo marchar como Teseo
non ha ser Artemisa fluxo do meu Sarela.
Non me importa ser lama se ti me purificas.
Miro Villar, Equinoccio de primavera, 1998
21.2.13
Mediciña tradicional e outros misterios...
Cando nos referimos a mediciña tradicional a primeira persoa que nos vén á cabeza é o curandeiro, aínda que o repertorio de sanadores é amplio e non só se ristrinxe ós curandeiros. Existen moito tipo de sanadores, pero todos teñen una característica en común: utilizan máis a palabra que as menciñas, por iso, só é posible sanar se o pacente confía no sanador. Xa que, todas as prácticas de mediciña tradicional básanse nas crenzas do enfermo.
Como sanadores podemos diferenciar: o curandeiro, que utiliza elementos físicos e determinadas habilidades para atender diversas doenzas; o compoñedor, que é especialista nas contusións, esguinces e luxacións, e ten habilidade para colocar os músculos e tendóns; o ensalmador, que cura os males con esconxuros e rituais, xa que ten un poder sobrenatural e máxico; o espiritista, que é capaz de comunicarse cos mortos, e por último, o arresponsador, que espanta os lobos e outros males mediante a recitación dun responso a San Antonio.
29.11.12
27.11.12
DOU SOS PARA O EXAME!
Un xogo educativo? xa sei que me diredes : vaia puta merda de entrada, eu xa non leo nada, pero...
Como vos quedades se vos digo que é educativo pero que realmente non o sabedes?
O que acontece aquí é o seguinte, dado que no exame vannos preguntar algo sobre OS MITOS.... pois hoxe quero axudar un pouco.
A min encántanme os típicos xogos da páxina minijuegos.com; e encontrei un no que tes que facer click sobre os obxectos, este trata sobre grandes personaxes dos que xa investigamos nada mais empezar o curso... como Zeus ou Afrodita e se vos acordades un pouco da súa historia saberedes porque vos digo que o xogo é educativo pero sen que vos enteredes.

Gozade xogando, déixovos o enlace.

10.11.12
O legado de Bram Stoker
Este pasado 8 de novembro fixéronse 100 anos da morte de Bram Stoker (Clontarf, 1847-Londres, 1912), creador do vampirismo e coñecido por novelas tan importantes coma “Drácula” (1897). O vampiro desta historia, Drácula, foi creado inspirándose no príncipe de Valaquia, Vlad Draculea "Vlad el Hijo del Demonio" tamén chamado Vlad Tepes "el empalador”.
Este personaxe usaba duros castigos, un dos máis usados era o empalamento, que consistía en introducir un pau de aproximadamente 3,50 metros de lonxitude polo recto, fixalo na carne cun cravo e despois levantalo para que a vítima morrese lenta e dolorosamente. Vlad fixera empalar á maioría das persoas dunha cidade de transilvana que se rebelaran contra el. Entón, el e o seu exército prenderan lume á cidade. Tamén fixo que os seus soldados mataran ó resto de cidadáns que non foran empalados. Pouco despois atacou ás cidades da rexión e cometeu máis empalamentos. O ano seguinte arrasou outras cidades empalando, queimando ou matando en combate ós seus habitantes. Estas cidades tardaron varias xeracións en recuperar a súa poboación, quedando desertas algunhas delas durante séculos. Aínda que a fama de vampiro deste sanguinario personaxe non ven condedida por isto, senón por faladorías que dicía que bebía sangue das súas vítimas en copas mentres comía diante dos empalados.
Ademais de Vlad, Bram Stoker tamén se baseou na condesa húngara Erzsébet Báthory, que, según se dicía, bebía e bañábase en sangue crendo que lle devolvería a xuventude. E asasinaba e quitáballes o sangue ás súas doncelas. Cando foi descuberta, atopáronse nas mazmorras do castelo moreas de cadáveres de mulleres desangradas. Razón pola que foi condeada a vivir encerrada no seu cuarto, onde acabou por morrer.
Este vampiro que creou Stoker tiña unhas características únicas e especiais que máis tarde foron usadas por outros autores, e son: a inmortalidade, a capacidade de facer mudar o tempo, lograr a obediencia dalgúns seres, a telepatía, ter moita forza, a conversión en animal ou néboa, perder facultades durante o día, beber sangue humana e converter en vampiros a quen mordan. Tamén o describe coma un ser ao que lle amedrentan os crucifixos, o allo e a auga bendita, e que pode ser destruído cravándolle unha estaca no corazón ou decapitándoo. Aínda que, a parte destas, existen moitas variantes distintas en canto ós rasgos destas criaturas tan encantadoras.A lenda da Torre de Hércules
A nosa Torre de Hércules sempre foi unha fonte de mitos e lendas, contos que se foron pasando de xeración en xeración ao longo dos séculos.
A lenda mais coñecida, aínda que hai máis,é esta:
A lenda de Gerión:
Está recollida na Crónica Xeral de Afonso X O Sabio no século XIII, conta a lenda que nestas terras vivía un xigante chamado Gerión que aterrorizaba a todolos habitantes.
Chegou a aquelas terras Hércules, fillo de Zeus, e mandaron un enviado para pedirlle axuda. Hércules aceptou a petición e retou a Gerión a loitar contra él.
Tras unha dura loita, Hércules vence e mata a Gerión, cortalle a cabeza e sobre ela manda construir unha torre cun gran fachico no cume conmemorando a súa victoria.
Dende 1448 no escudo da Coruña aparecen representados a Torre de Hércules e mais a caveira do tirano Gerión.
| Escudo da Coruña |

Logo mandou construir unha vila preto do lugar e mandou escribir os nomes dos que viñeron a poblala. Dise que a primeira persoa en habitar estas terras xa libres foi una muller chamada Cruña, cuxo nome bautizaría á cidade.![]() |
| Hércules mata a Gerión |
1.11.12
Aínda non coñeces á Santa Compaña?
Neste día de Samaín encóntrome con ganas de contarvos unha lenda sobre a Santa Compaña, unha tradición que permaneceu na cultura tradicional galega polo paso dos séculos e da que aínda quedan rastros, como os cruceiros nos cruces dos camiños. Na mitoloxía popular galega é unha procesión de mortos ou ánimas que pola noite (a partir das doce) percorren camiños e sendas dunha parroquia ou pobo. O fundamental da súa procesión é visitar todas aquelas casas nas que en breve haberá unha defunción. En Galicia coñécese por varios nomes: Estadea, Estantiga, Rolda, As da noite, Pantalla, Avisóns e Pantaruxada.
O aspecto da Santa Compaña pode variar segundo a tradición das diferentes zonas. A máis extendida é a formada por unha comitiva de almas en pena, vestidas con túnicas negras con capucha, que vagan durante a noite. Esta procesión fantasmal vai encabezada por un vivo (Estadea), seguido polas ánimas, portando unha cruz e un caldeiro de auga bendita. Forma dúas ringleiras, as cales van envoltas en sudarios e cos pés descalzos. A súa presenza faise notar polo cheiro a cera, o son dunhas cadeas e o vento que levanta ó seu paso. Conta a lenda que o portador da cruz só quedará liberado cando encontre outra persoa a quen entregarlle a cruz e o caldeiro. 31.10.12
Samaín ou Halloween
O Samaín é unha festa de orixe celta na que na noite do 31 de outubro ó 1 de novembro celebrábase o final da tempada de colleitas e o ano novo celta.Existe unha gran polémica debida á orixe do Samaín e Halloween, pero, en realidade, o Halloween é o que deriva do Samaín. Vou explicar o por qué.
Ao principio celebrábase o día de Todos os Santos o 13 de maio, ata que se cambiou ó 1 de novembro. Esta festa abarcaba tamén a noite anterior, na vixilia, é dicir, o 31 de outubro. Esta noite anterior ó día de Todos os Santos tradúxose ó inglés como: “All Hallow's Eve” ou Vixilia de Todos os Santos. Ó final, foi cambiando a súa pronunciación ata rematar pronunciándose como Halloween. Esta palabra foi usada para nomear ás primeiras tres noites deste mes, marcando ó final do verán.
Os celtas celebraban esta festa facendo que os sacerdotes druídas se comunicaran cos seus antepasados, xa que nesta data os defuntos podían camiñar entre os vivos. Para manter ós espíritos contentos e alonxar ós malos dos seus fogares, deixaban comida fóra, unha tradición que evolucionou converténdose no que hoxe fan os nenos índo de casa en casa pedindo doces. Outra das súas tradicións era o costume de baleirar nabos para poñerlles dentro candeas. Varios séculos despois, esta tradición deriva no Halloween, exportación dos irlandeses a Estados Unidos no século XIX e principios do XX, na que se cambiaron os nabos por cabazas.
A parte de existir esta tradición en Galicia, tamén existe no norte de Cáceres, nas zonas de fala galega, e en zonas de Zamora e de León cercanas a Galicia. Hoxe en día séguese celebrando ano tras ano o Samaín en gran parte de cidades e pobos de Galicia.
25.10.12
17.10.12
A Divina Comedia de Dante pasa aos videoxogos
A Divina Comedia de Dante conta a historia de mesmo escritor na viaxe polos sete círculos do Inferno para liberar a Beatriz a súa amada das garras de Lucifer, todo esto Visceral Games y Electronic Arts plasmárono nun videoxogo en 2010, nel transmitíanse dunha forma distinta a primeira parte da divina comedia.
O xogo empeza nunha das batallas da terceira cruzada , na que Dante participa e ten un encontronazo coa morte, está destinándoo ao inferno polos seus pecados négalle a Dante o seu último desexo: Ver a Beatriz, Dante furioso negase a tomar o seu destino e enfrentase a morte. A duras penas sobrevive robándolle a gadaña e decidindo regresar a Florencia, onde o espera Beatriz, pero ao chegar encontrase co corpo sen vida da súa amada e a alma de Beatriz sendo reclamada por Lucifer...
Nese momento Dante perseguindo a Lucifer encóntrase coa porta ao Inferno, decidido a salvar a Beatriz e redimir os seus pecados, ao entrar ao Limbo camiño ao inferno encóntrase con poeta Vergilio que actuará como guía para Dante na súa viaxe polos círculos do inferno: Limbo, Luxuria, Gula, Avaricia, Ira, Herexía, Violencia, Fraude e Traición.
Neste xogo omítense demasiado, para o meu gusto, as partes de Purgatorio e Paraíso da Divina Comedia orixinal pero entendes o principal da primeira parte.

![]() |
| Dante no Xuizo ante a morte (momento sacado do propio xogo) |
Neste xogo omítense demasiado, para o meu gusto, as partes de Purgatorio e Paraíso da Divina Comedia orixinal pero entendes o principal da primeira parte.
16.10.12
A deusa da beleza e estimulo sexual (En Construcción)
Afrodita para os gregos e Venus para os romanos, son os termos que se usan para nombrar a deusa da beleza e estimulo sexual.
En Grecia dicíase que era a filla de Urano (Deus do Ceo). O nacemento de Afrodita xurdiu de cortarlle os xenitais a Urano e lanzalos ao mar. Ao salir do mar foi levada polos ventos Céfiros a Cítera e logo a Chipre onde as Horas (deusas da orden da natureza e as estacións) vestíronna e levaronna a morada dos Inmortais.
Afrodita primero casouse con Efesto, aínda que logo enamorouse de Ares. Mentres Afrodita e Ares consumaban o seu amor, Efesto tendeulles una trampa a causa de que o sol díxolle que lle estaba sendo infiel, cando quedaron encerrados na trampa máxica Efesto chamou a todos os deuses do Olimpo para darlle bóla ao asunto, pero grazas a Poseidón que pediu clemencia por eles foron liberados.

O Ciclo Troiano
![]() |
| O poeta Homero. |
A parte da Odisea e da Ilíada os demais poemas son só fragmentos, o máis importante escribiuno un tal Proclo.Todos estes poemas escribíronse en hexámetros dactílicos.
Os poemas escritos no Ciclo Troiano son os seguintes: Cypria, Iliad, Etiopide, Pequeña Ilíada, Liou Persis, Nostoi, Odisea e Telegonia.Todos están datados entre os séculos VI e IX aC.Os únicos destes que chegaron intactos ata nós son a Ilíada e a Odisea, todos atribuídos á obra de Homero.
14.10.12
Calíope e os seus chanchullos
SARA DELUXE.
Noticia de última hora!
Ás seis da tarde chegounos a noticia de que Lino pode ser fillo de Apolo, confirmouse que Eagro si é o pai de Orfeo, Marsias e Lalemo pero descubriuse no río pola ninfa fluvial un novo cadro no que Caliope é sorprendida en pleno coito con Apolo. Contactamos con Estrabón e afirmanos que tivo co seu propio pai zeus aos Coribantes.
Imos coa opinión dos nosos colaboradores:
Mito Ulises
Qué podemos dicir de ‘Ulises 31’ que non sepamos xa:
É unha serie de culto que marcou a toda unha xeración e ao longo dos seus vinteseis episodios de media hora (producidos por Tokyo Movie Shinsha e Dic Entertainment), fíxonos vivir aventuras, sentir medo e nos introduxo a moitos no clásico de Homero da mellor das maneiras posibles.
É unha serie das que xa non se fan, cun contido anunciativo moi presente pero coas dosis necesarias de aventuras, humor, tenrura e emoción.
Ulises liberou a Telemáco, a Thais e a Numaios das farpas do Cíclope onde se procurou a ira dos deuses, que o condearon a merodear polo universo sen rumbo coa súa tripulación. O destino tráxico do heroe característico da traxedia marcaba o punto da partida dunha serie inolvidable.

A orixe dos xogos olímpicos

Os xogos olímpicos xorden na antiga Grecia en honor ós deuses.
Os gregos vivían en tribus que debido a accidentada xeografía de Grecia, constituíronse como comunidades independentes.
O único elemento unificador foi a súa relixión, unha complexa mitoloxía que incluía deuses e semideuses con corpo humano, con increíbles poderes e habilidades. Estas divindades formaban unha gran familia, encabezada por Zeus. No palacio ubicado no monte Olimpo, dende donde Zeus dirixía o mundo, os deuses reuníanse a beber un maravilloso néctar, chamado ambrosía. Este elíxir facíaos inmortales e os mantiña eternamente xóvenes.
11.10.12
FÚTBOL GAÉLICO
O fútbol gaélico orixínase no século XVI aínda que empeza a coller popularidade no século XIX.
É un deporte que varía do fútbol mesturado co rugby e xógase maiormente en Irlanda,o seu país de procedencia.
Aquí na nosa querida cidade da Coruña tamén se xoga este deporte, de feito, temos un equipo:
Os Fillos de Breogán que se fundou no ano 2010.
![]() | ||
| Os fillos de Breogán na cidade deportiva da Torre de Hercules |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)