4.6.13

Por ela, mandáronme ao carallo

Nunha pequena aldea na zona de Lugo, dous amigos baixan un ratiño a falar.
Un deles ten un pouco de présa e anda un pouco sarillo.

Iván: Meu, como andas?

Pepe: Pois un pouquiño apurado, pero teño uns minutos para ti.

Iván: Xa vexo que tes algo de présa, porque pareces ter un formigo...

Pepe: E logo que queres? Levo toda a semana buscando un traballo no que poida estar ben e cobrar algo, porque estou ao bordo do abismo por non poder pagar a casa.

Iván: Home e por que non me pediches axuda? Sabes que na fábrica onde traballo eu pode haber algún sitio. Xa sabes que hoxe en día, buscar un traballiño é como buscar unha agulla nun palleiro.

Pepe: Xa, pero sabes que podo encontralo.

Iván: Non digo que non, ademáis, xa sabes que vai custar caro o que fixeches no último que tiveches.

Pepe: Bueno, carallo, bueno! só porque quixen tema coa amante do xefe. Aínda lembro que se puxo coma unha fera, ata daba medo.
Tiven que darlle sebo aos pés.

Iván: E vas moi lonxe a buscalo ou que?

Pepe: Está no quinto carallo, mais non importa, teño que conseguilo aínda que haxa que bicarlle os pés.

Iván: Pois dalle, carallo, dalle. Que teñas moitísima sorte e non esquezas que se non o consegues, estou ao teu lado e podo axudar un pouco.

Pepe: Grazas meu, dame un abrazo!

Iván: Non sexas marica, ho!
Veña, abur!