7.6.13

Ai, Xosé...

Médico e enfermo levan algunhas semanas sen verse. Eles teñen por costume verse moi amiúdo, pois son moi amigos. Hoxe Manuel visitará ó seu médico Xoan.

Médico: -Canto tempo Manuel! Xa pensei que estiraras a pata.
Enfermo: -Vai amodo, ho... So estiven enfermo uns días na cama.
Médico: -Mais ben che chegaron. Para ti que tes un cu de mal asento deberon de sentarche coma un gran no cu.
Enfermo: -Si, e parece que vai empeorar o día, eh...
Médico: -Andas nas patacas, Manuel! Esperta!



Enfermo: -Pois claro que ando nelas, o ano pasado saíron boísimas. Na miña casa as comían a gulapos e este ano teño que pór a pel nisto para que volvan saír así.
Médico: Que andas nas patacas! Nas berzas, Manuel, nas berzas...
Enfermo: E estarei e todo, xa non sei. O meu irmán tamén está nas berzas... O outro día case se lle olvidou como abrir a porta e quedou fóra toda a noite. Xa llo dicía a miña nai, un día as perder o siso. Como o perdeu Olvido ao xuntarse cun home do demo. De demos sempre se falou aló na aldea, cando eu...
Médico: -Vale, Manuel, vale. A ver, vai ó gran e dime cal é a túa doenza.
Enfermo: -Por certo, escoitaches a nova noticia do Furasaias?
Médico: -Non, que lle pasou?
Enfermo: -Polo visto anda de novo furando pra fóra.
Médico: -Non me fodas! Outra vaca no millo... Non lle pasara o mesmo ó Troitas de Folgoso?
Enfermo: -Tamén, tamén! pero, polo visto, agora a muller, a Cornecha enterouse e está que fende as nubes. Anda cunha cara de ferreiro...
Médico: -Normal...
Enfermo: -Pero resulta que a moza coa que lle puxo os cornos, que non lle chega nin a sola dos zapatos á Cornecha, pois está coma unha táboa e ten máis cu que espalda; foise explicar diante da Cornecha pero ela mandouna a cagar de campo e díxolle que as súas escusas llas fora contar ó abade. E o Faurasaias, con con máis cara que espalda, anda coma quen oe chover.
Médico: -Vai coma o abellón á flor.
Enfermo: -Vai, oh, vai... pero a cabra co vizo mete os cornos no cu. E pensar que ti eras bo amigo del... Pero recorda: polo mal veciño, non desfagas o teu camiño.
Médico: -Xa sei, home, xa sei. Manuel, andas a miñoca?
Enfermo: -Un pouco, pois ládranme os pes co frío. Por iso vin verte.
Médico: -Bueno, home, bueno... nunca choveu que non escampara.
Enfermo: -Ai, Xosé...