5.6.13

Cousas da vida...


Un pai e a súa filla atópanse sentados na mesa dispostos a comer despois dunha xornada laboral, e comezan a discutir sobre como van os tempos de hoxe en día e como eran os de antes.

Xoán: Que tal o día no instituto?


Lidia: bueno... penso que podería haber sido mellor..
Xoán: Xa empezamos a andar de zoco para cabazo? E que de verdade, agora tendes todo o que vós queredes, antes non tiñamos nin a metade das cousas que tedes agora.
Lidia: Outra vez? Iso non ten nada que ver.. hoxe en día andan as cousas moi mal e para atopar traballo custa ferro e fariña.
Xoán: bueno carallo bueno… daquela non tiñamos internet nin ningún deses aparatexos.
Lidia: O que ti tes é moita fachenda..! todo o que ti dis sempre está ben.. e non é así.
Xoán: E logho! Prefiro iso antes que chorar os sete chorares todo-los días desta vida...
Lidia: mellor que comamos e vamos botarlle terra ó asunto, porque dende logho contigho non hai con quen falar..! 
Xoán: Ay, miña ruliña! Canto che falta por aprender, como se nota que aínda estás moi verde nestes temas..