4.6.13

Rapaces...

Dous mozos de curta idade atópanse sentados nun banco ao carón da beira do mar. Discuten sobre as vivenzas ocorridas na clase. O mar bate con forza e fai moito frío, isto fai acelerar a súa conversación:

-Oliver: Que tal andas na clase ?
-Uxío: Cala oh, cala! Non me fales diso... que xa estou ata o carallo!



-Oliver: E logo? Que che pasou?
-Uxío: Nada oh, nada... A parva de tecnoloxía que me volveu susponder e desta vez non atopo razón.
-Oliver: Normal, é que ultimamente véxote moito nas verzas. Deberías de andar máis espabilado.
-Uxío: Pode que non che falte razón, pero que veñas decilo ti... Ten carallo a cousa!
-Oliver: Intentas quitarlle ferro ó asunto, pero ti ben sabes que estás fodido.
-Uxío: Bueno, teño moita présa e como non vaia a fume de carozo perdo o autobús.
-Oliver: Tanta présa tes? Non che para a cabeza!  A ver cado deixas de andar á miñoca.
-Uxío: Outra vaca no millo! Pero non che dixera que tiña cita co médico, paspán?
-Oliver: Dis tantas cousas meu querido Uxío... Lembra que mañá quérote ver aquí á mesma hora de sempre, nun chiscar de ollos. Eu tamén marcho que vai un frío de carallo!
-Uxío: Ti sempre botando a lingua a pacer... Como di o outro Carpe Diem e ata mañá.