Amosando publicacións coa etiqueta Narrativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Narrativa. Amosar todas as publicacións

7.5.13

ÁLVARO CUNQUEIRO.


Cursa no Bacharelato en Lugo, encanto despois marcha a Santiago por estudos como Filosofía e Letras. Publica varios libros de poesía, tras a guerra comeza a sua profesión como xornalista.
Desde os anos sesenta convértese nun excritor de extito que gaña varios premios. En 1964 ingresa na Real Academia Galega cando en 1981 foi nomeado Doutor Honoris Causa, pero morre ese mesmo ano en Vigo.
Fixo moitas obras como por exemplo a Narrativa que esta composta por tres novelas:( Merlín e Familia, As crónicas do sochantre é Si o vello Sinbad volvese as illas) e tres libros de relatos:( Escola de Manciñeiros, De aquí e de acolá é Os outros feirantes.
Despois da Narrativa fixo Poesía, Teatro e por último Ensaio. Álvaro foi un dos grandes xornalistas na sua época tendo en conta os duros tempos que tiña que pasar.

6.5.13

A esmorga- Eduardo Blanco Amor


Este libro atópase estruturado de maneria que o lector mediante a súa capacidade de intrepretación poida comprender a complicidade do libro; a eliminación das preguntas do xuíz e a introdución do libro que xusto se atopa no final deste dando comezo ao discurso de Cibrán, que da a coñecer aspectos non moi relevantes sobre o que rodearía os acontecementos.
Esta novela debemos ubicala dentro dos resultados que a perspectiva crítica creada pola socioloxía vai ter no mundo da creación literaria e, fundamentalmente, vencellada a un movemento artístico de posguerra que coñecemos co nome de neo-realismo.
Os nomes que se atribúen aos personaxes indícanos algo da súa personalidade; secundarios:
-A Cansentado
-A Costilleta
-A Cupatrás
-A Fani
-A Fuca
-A María dos Acidentes
-A Monfortina
-A Nonó
-A Piolla
-A Zorrita
-Lisardiño
-Lola a Viguesa
-Narizán
-O Zamorano
-Pepe o Cabito
-Raxada
-Rodeiro
e moitos máis.
Principais:
-Cipriano Canedo ou o Cibrán ou o Castizo ou o Tiñica ou o Puchapodre.
Home honesto que pretende traballar(sen conseguilo),único supervivínte e comete o suicidio despois de facer a declaración ante o xuíz. Personaxe principal.
-Eladio Vilarchao ou o Milhomes ou o Papaganduxos ou o Maricallas.
Home afeminado e regordeche. Personaxe secundario.
-Juan Fariña ou o Bocas ou o Alifante ou o Peitodemacho.
Home viril, demasiado, brusco e algo salvaxe. Personaxe secundario.
Os dous personaxes secuandarios máis ca amigos de Ciprián, parecen ser os antegonistas; meten a Ciprián en situacións moi comprometidas, perigosas e insaudables.

19.2.13

Día de Esmorga(Google Docs)

Argumento:
Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897- Vigo, 1979) é un narrador fundamental do século XX. Na súa xuventude relacionouse con Risco, que o levou a entrar en contacto coas literaturas europeas.
“A esmorga” é a novela máis popular e lida de Blanco Amor. Tivo que publicarse por primeira vez en Buenos Aires, no 1959, ante a negativa da censura franquista. É unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes do escritor.
Tamén foi autor e director de teatro, xénero potenciado polos galegos emigrantes ou exiliados. O seu teatro pretende popularizar a linguaxe dramática e ten intención didáctica.