A Miss España galeguista, un mito ¿verdadeiro ou unha farsa? Seguro que non a coñecías, pero agora, incluso vas poder opinar sobre a verdade que pode haber a cerca do seu espírito galeguista desta viguesa.
Emilia Docet (1915-1995) é elixida Miss España en 1933 con dezasete anos. Dende entón, salta á fama e dáse a coñecer tanto física coma psicoloxicamente. E xorde un rumor en torno a ela: seu amor por Galicia. Chegando a ser nomeada por algúns coma musa dos republicanos galegos. Hoxe, volve estar en boca dos xornais e na nosa.
Nunca estivo clara a súa ideoloxía, pero moitos afirman que era unha fervente galeguista: “A maior alegría da miña vida será o día no que á nosa terra se lle conceda o seu Estatuto”. Mentres que outros que mellor a coñecían non estaban tan seguros diso: "Que a miña nai simpatizou con algúns galeguistas é certo, pero nunca militou nese partido nin se dedicou a facer campaña electoral".
Eu descubrín que estaba casada co médico galeguista Xosé Núñez Búa. De aí que moitos lle aplicasen os ideais do seu marido a ela. Seguramente el fose quen a presentou ante os seus amigos galeguistas e a introduciu nese mundo. Sobre o que investiguei, penso que non merece ese título que recibiu. Agora sodes vós quen opinades.