Cando nos referimos a mediciña tradicional a primeira persoa que nos vén á cabeza é o curandeiro, aínda que o repertorio de sanadores é amplio e non só se ristrinxe ós curandeiros. Existen moito tipo de sanadores, pero todos teñen una característica en común: utilizan máis a palabra que as menciñas, por iso, só é posible sanar se o pacente confía no sanador. Xa que, todas as prácticas de mediciña tradicional básanse nas crenzas do enfermo.
Como sanadores podemos diferenciar: o curandeiro, que utiliza elementos físicos e determinadas habilidades para atender diversas doenzas; o compoñedor, que é especialista nas contusións, esguinces e luxacións, e ten habilidade para colocar os músculos e tendóns; o ensalmador, que cura os males con esconxuros e rituais, xa que ten un poder sobrenatural e máxico; o espiritista, que é capaz de comunicarse cos mortos, e por último, o arresponsador, que espanta os lobos e outros males mediante a recitación dun responso a San Antonio.
Para deixalo claro, o curandeiro diferénciase do menciñeiro por non usar tanto a mediciña máxica, máis ben, utiliza herbas e procedementos naturais; diferénciase do espiritista en que non trata con espíritus; e, ás veces, adícase a amañar ósos, polo que, neste caso, fai tamén funcións de compoñedor. Os curandeiros soen traballar por vontade e os seus coñecementos téñenos por herdanza familiar, por ter man, por nacer con habilidade ou por aprender doutro curandeiro.
Pero non só son homes os que se adican á mediciña tradicional, tamén están mulleres coma: a sabia, que cura os maleficios coa súa sabiduría respecto ás propiedades das plantas; a boa muller, que coñece remedios para certas doenzas; a bruxa, que é como a representación simbólica do orden, a saúde a e vida; a meiga, que asóciase co desorde, a enfermidade e a morte, e por último, a carteira, que interpreta enfermidades e asuntos da vida utilizando cartas.
As técnicas que se utilizan neste tipo de sanacións non están recoñecidas pola ciencia moderna, ademáis, non hai unha formación estruturada, nin unha normativa clara sobre estas actividades, pois, a súa regulación facíase no propio pobo sancionando ós sanadores que realizaban enganos ou tiñan unha mala reputación. Por iso, a mediciña tradicional vaise perdendo, xa que, nos pobos onde se conserva cada ves queda menos xente nova.
Eiquí vos deixo un dos esconxuros máis coñecidos na nosa comunidade e resto do mundo: