15.4.13

¿Cres na inmortalidade?

Dende hai séculos segue cuestionándose a existencia dunhas criaturas especialmente interesantes que, como din, posúen o don da inmortalidade: os vampiros.


A primeira descrición “oficial” destes seres apareceu na famosa obra literaria Drácula, de Bram Stocker. Dende entón, miles de variantes foron dando forma ó que hoxe coñecemos como vampiro.

Ninguén sabe a ciencia certa se só se trata dun mito ou hai algo máis, pero atopáronse indicios de vampirismo durante toda a vida en diferentes partes do mundo, de feito, hai moitas noticias que o corroboran.

Eu son unha fanática desta particular especie que tanto me fascina. A búsqueda da eternidade e o morbo do sangue, da morte e do misterioso creo que son a base de que nos gusten tanto a algunhas persoas. Sen embargo, enfróntase co medo que outros presentan ao descoñecido.

Eu, para que podades sacar as vosas propias conclusións, quérovos incitar e introducirvos un pouco neste mundo e aprender un pouco máis. Así, vouvos ensinar algunhas das razas de vampiros. As que, estou de segura, que non vos deixarán indiferentes.

A primeira que vou tratar son os vampiros do sexo, chamados Morois (masculinos ou femininos), Súcubos (femininos) e Íncubos (masculinos). Os tres eran magníficos nas artes amatorias, pero diferenciábanse en que, os Morois, destacaban por non atacar ós seus familiares, cousa que non ocorría co resto de etnias vampíricas. Os Súcubos, que adoptaban a forma dunha muller voluptuosa e impecable que deixaba un recordo inesquecible nos homes, recollían o seme dos monxes para realizar os seus rituais. E os Íncubos, que servían de vía para que o demo puxera o seu semente, xa que este non podía.

Parecidas ás Súcubos eran as Ereticas, e aínda que non eran tan boas no sexo, tamén eran mulleres que venderan a súa alma ó demo e adoptaban a forma dunha vella de mirada fatal.

En canto a vampiros de aspecto terrorífico destaca o Kathakano, que cuspía sangue na pel da vítima producíndolle feridas. O seu corpo tamén estaba cuberto de queimaduras e lesións que fedían e posuía unha boca desmesuradamente grande. A única maneira de matalo era fervendo a súa cabeza en vinagre (o que neutraliza as feridas leves). Tamén pertence a este grupo o Mormo (o servinte), pequeno e repugnante que cortaba a pel dos que durmían e bebía do seu sangue. Podían espantarse se pisaban a súa sombra. O Myertovjec (servidor das bruxas), tamén levaba o corpo cheo de pústulas que adquiría un ton vermello. Só se podía matar se o cravabas ó ataúde. O último desta clasificación é o Nosferatu, que tiña un corpo de cadáver en descomposición, o cal comezaba a mastigar e roer antes de saír da tumba.

Os que tiñan o poder de conversión eran os Ghouls, astutos habitantes dos desertos que adquirían a forma dunha gran hiena e imitaban o ladrido dos cans para atraer a viaxeiros e, así, devorar os seus cadáveres. Tamén se convertían en partículas luminosas, insectos ou pequenos mamíferos os Strigois (vampiros da luz), que eran o sétimo fillo varón dunha bruxa ou muller que cometera adulterio. Pódense matar poñéndolles allo na boca ou arrincándolles o corazón. Dentro deste grupo tamén están os Varcolacos (espírito dos suicidas), que poden adquirir a forma dun can, ra, gato ou araña e morden sen deixar marca. Para matalo hai que cortarlle o corazón, poñerlle cal debaixo da lingua ou cravarlle un cravo na fronte. Por último, atópanse os Viesczys (señor dos vermes), que posúen un aguillón na lingua que provoca unha ferida letal e, cando se mata queimándoo, das súas cinzas saen uns vermes que, logo, volverán a adquirir a forma do vampiro para realizar a súa vinganza.

Se queres seguir informándote aconsélloche que visites os seguintes enlaces:

Upir (vampiro da estepa)

Brucolaco

Upierci

Vrykolakas

Vrycolatios (o sibarita), un vampiro obeso