
O vampiro desta historia, Drácula, foi creado inspirándose no príncipe de Valaquia, Vlad Draculea "Vlad el Hijo del Demonio" tamén chamado Vlad Tepes "el empalador”.
Este personaxe usaba duros castigos, un dos máis usados era o empalamento, que consistía en introducir un pau de aproximadamente 3,50 metros de lonxitude polo recto, fixalo na carne cun cravo e despois levantalo para que a vítima morrese lenta e dolorosamente. Vlad fixera empalar á maioría das persoas dunha cidade de transilvana que se rebelaran contra el. Entón, el e o seu exército prenderan lume á cidade. Tamén fixo que os seus soldados mataran ó resto de cidadáns que non foran empalados. Pouco despois atacou ás cidades da rexión e cometeu máis empalamentos. O ano seguinte arrasou outras cidades empalando, queimando ou matando en combate ós seus habitantes. Estas cidades tardaron varias xeracións en recuperar a súa poboación, quedando desertas algunhas delas durante séculos. Aínda que a fama de vampiro deste sanguinario personaxe non ven condedida por isto, senón por faladorías que dicía que bebía sangue das súas vítimas en copas mentres comía diante dos empalados.
Ademais de Vlad, Bram Stoker tamén se baseou na condesa húngara Erzsébet Báthory, que, según se dicía, bebía e bañábase en sangue crendo que lle devolvería a xuventude. E asasinaba e quitáballes o sangue ás súas doncelas. Cando foi descuberta, atopáronse nas mazmorras do castelo moreas de cadáveres de mulleres desangradas. Razón pola que foi condeada a vivir encerrada no seu cuarto, onde acabou por morrer.
