14.10.12

Calíope e os seus chanchullos


SARA DELUXE.

Noticia de última hora!

Ás seis da tarde chegounos a noticia de que Lino pode ser fillo de Apolo, confirmouse que Eagro si é o pai de Orfeo, Marsias e Lalemo pero descubriuse no río pola ninfa fluvial un novo cadro no que Caliope é sorprendida en pleno coito con ApoloContactamos con Estrabón e afirmanos que tivo co seu propio pai zeus aos Coribantes.

Imos coa opinión dos nosos colaboradores:



Afrodita, contanos a túa opinión sobre esta marabilla que emerxe das nove musas.
-Sinceramente, dende que me axudou co tema de Adonis síntome en dereito a dicir que faga coa súa vida o que queira, Persefone escoitou rumores de que Eagro tamén ten outros fillos con ninfas do bosque.

Que forte, que forte, que forteeee!


Talía contanos o que pensas da túa irmá:

-Aínda que sexa a musa da comedia non me fai ningunha graza que se diga que os meus propios fillos son da miña irmá, e moito menos que digan que Apolo me puxo os cornos.
creo que a miña irmá subiúselle demasiado á cabeza o de ter unha trompeta, unha poesía e unha coroa, nin que fose unha deusa.

 Acabousenos o tempo. Moitas grazas a todos.

Agora o Olimpo ofreceralles a historia de como Zeus derrotou o seu pai Cronos e liberou os seus irmans.(interpretado por Dionisio como zeus)