10.11.12

A lenda da Torre de Hércules

A nosa Torre de Hércules sempre foi unha fonte de mitos e lendas, contos que se foron pasando de xeración en xeración ao longo dos séculos.


Escudo da Coruña
A lenda mais coñecida, aínda que hai máis,é esta:
A lenda de Gerión:
Está recollida na Crónica Xeral de Afonso X O Sabio no século XIII, conta a lenda que nestas terras vivía un xigante chamado Gerión que aterrorizaba a todolos habitantes.
Chegou a aquelas terras Hércules, fillo de Zeus, e mandaron un enviado para pedirlle axuda. Hércules aceptou a petición e retou a Gerión a loitar contra él.
Tras unha dura loita, Hércules vence e mata a Gerión, cortalle a cabeza e sobre ela manda construir unha torre cun gran fachico no cume conmemorando a súa victoria.
Dende 1448 no escudo da Coruña aparecen representados a Torre de Hércules e mais a caveira do tirano Gerión.
Logo mandou construir unha vila preto do lugar e mandou escribir os nomes dos que viñeron a poblala. Dise que a primeira persoa en habitar estas terras xa libres foi una muller chamada Cruña, cuxo nome bautizaría á cidade.
Hércules mata a Gerión