14.10.12

A orixe dos xogos olímpicos




Os xogos olímpicos xorden na antiga Grecia en honor ós deuses.

Os gregos vivían en tribus que debido a accidentada xeografía de Grecia, constituíronse como comunidades independentes.

O único elemento unificador foi a súa relixión, unha complexa mitoloxía que incluía deuses e semideuses con corpo humano, con increíbles poderes e habilidades. Estas divindades formaban unha gran familia, encabezada por Zeus. No palacio ubicado no monte Olimpo, dende donde Zeus dirixía o mundo, os deuses reuníanse a beber un maravilloso néctar, chamado ambrosía. Este elíxir facíaos inmortales e os mantiña eternamente xóvenes.



Pentatlón

Para honrar ós deuses, os gregos construían bellísimos templos e realizaban grandes festexos. Os xogos deportivos tiñan un papel importante nas festas que os gregos realizaban en honor a Zeus en Olimpia, para Poseidón en Corinto e para Apolo en Delfos.

No ano 776 a.C., comezou a celebración grega más antiga e famosa, chamada “festas olímpicas”. Facíanse cada catro anos na cidade de Olimpia, no noroeste do Peloponeso, e só participaban homes. Estos xogos duraban cinco días. Durante o primeiro e o quinto facíanse procesións, sacrificios en honor a Zeus e un banquete común. 


As competencias efectuábanse no estadio que medía 192,3 m de largo. A proba máis chamativa era o pentatlón, que comprendía cinco probas (salto largo, carreira, lanzamento de disco, de dardo e loita). As de maior prestixio eran as carreiras de carros e cabalos. Os vencedores eran premiados cunha coroa de ramas de olivo.

Mentres se realizaban os xogos olímpicos, debían cesar as accións bélicas en toda Grecia. Unha paz especial garantía a seguridade de todos os participantes. Chegaban delegados de toda Grecia e incluso das súas colonias que se encontraban lonxe en Asia Menor e Sicilia.



Estadio (192,3 m de largo)