17.3.13

Muay Thai

O Muay Thai é un arte marcial tailandés que foi nos seus inicios un método de autodefensa de cara aos conquistadores, imprescindible para todo o pobo de Thai dada a súa eficacia para derrotar ao opoñente. Tamén é coñecido como a "loita dos oito membros" xa que se empregan máns, pés, cóbados e xeonllos para pelexar.



Tan importante era para o pobo que a familia real, tanto príncipes coma reis, debían ser entreados no arte do Muay Thai, xa que isto tiña que formar parte no curriculum real para poder aspirar ao trono. Así, seguiu evolucionando ata que da man do rei Naray, converteuse nun deporte profesional. As reglas eran sinxelas, había que pelexar ata que só un quedara en pé ou ata que algún se rendera.


O combate debe iniciarse sempre co Wai Kru, un ritual que consta de varios pasos, os cales serven para alonxar aos malos espíritos para que o loitador teña unha boa actuación e manteña unha conexión cos maestros, que supostamente existiron na antigüedade. Existe a firme crenza de que antes de pelexar, os loitadores deben conectar con estes maestros para non morrer no ring.


A ética dos seus practicantes basease en ser útil ao público, ser educado sempre que sexa posible, non ser violento, ser fel a un mesmo e aos demais, ter perseverancia e determiñación ("tan forte coma o aceiro, tan duro coma o diamante"), entrenar regularmente e respetar as leis da natureza. Ademais de todo isto, cabe dicir que está totalmente prohibido golpear ao opoñente cando está tirado no chan, aínda que só teña un xeonllo apoiado.


Este deporte coma calquera outro mantén o corpo e a mente en forma, e adicionalmente proporciona unha adrenalina que fai disfrutar máis da vida. Tamén é unha forma de arte e de recordar a historia de Tailandia deses anos. Os seguidores desta práctica tamén obteñen unha gran disciplina e temperamento que se expresa no ring pelexando.


Na actualidade, non é un deporte olímpico, mais, practícase en multitude de países. É un dos deportes de contacto máis extendidos e o seu número de practicantes non cesa no seu crecemento. É considerado ademais coma un deporte extremo, o que aumenta a realización de apostas, feito que converte a este deporte, ilegal en moitos países.