24.2.13

O MEU BISAVÓ

O ano pasado fixen unha entradiña no blogue de galego sobre o meu bisavó; hoxe, coas cousas ven pensadas e contrastadas dispoñome a contarvos a historia do meu bisavó Xesús Bra .

 Este home tiña 9 fillos; 5 da primeira muller (irmá da nai da miña avoa) e 4 da segunda( Manolo, Mercedes, Purificación e Emérita); é importante nomear os da segunda muller xa que, dúas historias teñen que ver con Pura e coa miña avóa Emérita. 

Comencemos:
Meu bisavó, despois do remate da guerra tivose que ir vivir durante un tempo as covas e matorrais enrriba de Mesía; xa que os policías dixéronlle que se quería seguir vivindo tería que denunciar as cousas que facían os seus amigos e veciños;  o negarse, tivo que marchar da casa. 
Él e outros veciños ían de cando en vez xuntos; e se vían a alguén, formaban "guerrillas".
 Doutras veces andaba só, pero sempre volvía a casa pola noite para facer as tarefas do día(que os seus fillos por mor de idade e forza non daban feito).

As historias que veñen a continuación foron contadas por pura (que xa morreu) e pola miña avoa Emérita(que segue viva).

A historia do muiño.(contada por Pura en vida)

Era unha noite tirando xa cara a madrugada cando a miña bisavoa e a miña tiaavoa ían cara o escondite do meu bisavó para levarlle algo de comer e algunha que outra roupa; (Pura tiña cerca de 3 anos), despois dun tempo camiñando por un prado apareceron dous policías que lles preguntaron a onde ían; miña bisavoa dixo que ao muiño, e un deles colleu a escopeta e apuntándoa díxolle que lle dixera onde se escondían os que ían ver ou que a mataba, miña bisavoa aínda que amedrentada e chorando seguiu a dicir que ían o muiño, despois disto o policía apuntou cara Pura e preguntóulle a ela onde andaba o seu pai, Pura só chorou e estivoa amenazando con matar a nai, o segundo garda, díxolle o que tiña a pistola que as deixase; e aí quedou a cousa.



A historia da lareira:(contada pola miña avoa)

Era tamén de noite coma na outra historia, pero desta, o meu bisavó xá regresara a casa e os civís xa non o perseguían; a miña avoa foi espertada polo meu bisavó dicíndolle que saíse fora e vixiase por se viña alguén, e se isto sucedía, que fora correndo a avisalo; resulta que un home chamado Foucellas entrara na casa cos seus homes que andaban a igual que o meu bisavó tempo atrás agochandose dos mandados de Franco, estaban empapados e pedíronlle que encendese a lareira para quentarse. O meu bisavó o fixo pero díxolles que non volvesen por alí porque os civís tamén castigaban os que axudaban os escapistas; Foucellas díxolle que sería a última vez.
Este señor era unha especie de "Robin Hood" na miña aldea; os que tiñan máis roubaballes e se vía a alguén que tivese moito apuro sempre lle daba algo; os veciños da miña avoa eran un dos máis ricos dentro da pobreza de Mesía e sempre lles roubaban queixos e mel entre xoias e cartos. Foucellas díxolle o meu bisavó que se lles molestaban que llo dixese, que el encargaríase de eles. Aínda que si que  os seus fillos e a el o trataban mal, meu bisavó calou a boca e díxolle que non tiña problemas con eles, de ahí a unha tempada deuse a saber que alguén entrara na casa dos veciños e roubáranlle dous bestas e unha burra ....

Outra entrada que farei será sobre Foucellas.
( próximamente poñerei unha foto do meu bisavó, grazas por leelo)