12.3.13

TRABALLAMOS NA CASA

Converte o conto de Dieste nunha noticia xornalística:


Cando eu era rapazote chegou un día a Rianxo, paréceme que ás dez e media da mañá, unha balea. Algúns, para lle restar mérito á nosa vila, din que era unha balea moi pequena. [...] Eu non digo que fose como un Consistorio a aboiar na ría, non son tan argalleiro, pero a eslora dun patache poida que a tivese ben, e aquí entre vós hai outros que a viron e poden dar razón. [...] Os entendidos din que viña perdida, que entrou pola boca da ría como nunha gaiola e que, de moito dar voltas sen atopar saída, foi dar alí sen folgos, deixouse estar un intre e, como eran as mareas vivas e moito o seu calado, foise un pouco o mar e varou. [...]Houbo moito rebumbio entre os mariñeiros sobre o que conviña. Botáronlle un rizón, pero o rizón escorregaba e non prendía. Empuxáron con remos, non sei moi ben para qué, e recuaban as lanchas, desatracando dela coma dun transatlántico. Fixéronse enleadas manobras, con moitos berros e xuramentos, para lle pasar un cabo arredor, pero alguén dixo que aquilo era como querer levar preso cun fío a Oitentaenove (o hércules da vila), e tiña razón. [...] De súpeto (eu supoño que estaría enchendo o mar e que a balea encontrou folgo por debaixo de si para se remexer), de súpeto pensei que afogabamos todos, solagados na foula da súa manobra [...] Agora, para rematar o conto, direivos que non atopou as portas do seu grande mar e foi morrer a Vilanova.

Le+