15.5.13

Sorpresiña




Onte toda a clase de 4º da ESO do noso instituto tivo a oportunidade de poder escoitar a un dos exalumnos  do centro, Daniel D. Domínguez, presentado por Pepa cunhas tenras palabras referidas a él e algúns datos do seu currículum profesional.
Ao rematar a breve e lograda presentación, o antigo alumno da nosa titora nos estivo a falar un  pouco do que había feito na súa vida. Cando ía empezar a carreira de xornalismo deuse conta que non era o seu e probou con audiovisuais, logrado acerto, que non era o que esperaba á hora de traballar polas limitacións que lles expón cando, por exemplo, realiza guións do Matalobos(Seríe que atrapou ó meu pai)entre outros. Explicounos como é unha serie detrás das cámaras, agora sabemos con máis certeza os acontecementos e dificultades para realizar unha serie de éxito.
Desto podemos sacar a conclusión de que non todo é como espera un na vida en todolos ámbitos. Se traballas en algo que non te gusta, malo, pero o fas porque non queda remedio. Mais aínda cando encontras algunha cousa do teu agrado, pode haber algunha persoa que non te deixe facer o que queres facer, con limitacións, normas e pautas a seguir ao pé da letra. Tampouco é así, hai que deixar voar a imaxinación de cando en vez.
Eu non sei moi ben que facer, ando algo perdidiña na vida pero aínda teño tempo de pensalo, sobretodo pola "gran" cantidade de traballo que existe agora. Se sae algo ao que vos querades dedicar collédeo! Mentres, traballiño a traballiño e algunha que outra formación (tanto profesional coma persoal) te pode abrir moitas portas e OLLO! tamén moitas ventás.