1.5.13

XESÚS ALONSO MONTERO, o novo presidente da RAG



Despois de dúas votacións, xa que na primeira as dúas candidaturas quedaban empatadas a doce votos,  Xesús Alonso Montero foi elixido Presidente da Real Academia Galega (RAG) o pasado día 20, converténdose no décimo segundo presidente desta institución.

A pesar do resultado tan axustado da votación, o sociolingüista confía que haxa un ambiente cordial e un clima de concordia entre os académicos; tamén desexa que a nación galega floreza traballando ao servizo da institución máis comprometida coa sociedade e co país.


Nado en Vigo en 1928, Montero é licenciado en Filosofía e Letras. Actualmente é membro do Consello da Cultura Galega así como Catedrático Emérito de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Foi o iniciador dos estudos sociolingüísticos modernos sobre o galego, pero tamén é ensaísta e poeta.

O novo presidente da RAG  admitiu ademais que a el lle gustaría que se volvese a empregar a anterior normativa do galego. Tamén reiterou que seguirá adiante co recurso presentado contra o decreto do galego. Ademais, pronunciouse sobre a escolla do vindeiro homenaxeado no día das letras galegas avanzando que será alguén importante e que non será unha muller.

BOA SORTE, PRESIDENTE!!!

                              AGARDAMOS QUE SEXAS UN EXEMPLO A SEGUIR.