30.4.13
Un futuro moi preto...
Algunha vez pensades no voso futuro? Reflexionades en que é o mellor que podedes facer?
Supoño que si, e a cabeciña comeza a xirar, xirar e xirar, ata que nos damos conta
do que queremos en realidade.
Ás veces, fágome unha pregunta, seria e decidida. Supoño que todos o facedes. É a típica de: "O meu presente será igual ao futuro? Estarei xunto a todas as persoas que quero agóra?"
Eu, polo menos, xa creo que non. A medida que crecemos, que viaxamos a outro lugar, cambiamos.
Todo deixa de ser igual; os amigos, os mozos, as mozas e de vez en cando a relación cos nosos pais.
Só quedan algunhas cousiñas que nunca desaparecerán, por exemplo, a música e algunhas palabriñas.
Ben, palabras...podemos pasar dun quérote a un quérote ver ben lonxe, mais nunca as que saen do noso corazón, as que de verdade expresan o que sentimos.
E que dicir da música?
Sempre hai unha nova, que lles gusta a todos, pero xamáis olvidaremos as cancións de ABBA, Queen, etc.
Podedes ver que o tempo pasa moi rápido. Onte aínda eramos alumnos de primeiro de ESO, ou sexa uns crios.
Hoxe estamos en cuarto e xa somos adultos, estamos a un paso de Bacharelato.
Mañá que pasará?
En realidade, non o preguntedes, porque simplemente todo pode ser, iso depende de cada un, do camiño que elixades, pero ollo, que logo non hai volta atrais.