O Día do Traballo é a principal festa do movemento
obreiro internacional e celébrase por
todo o mundo con reivindicacións sociais e laborais.

A data
de celebración estableceuse en 1889 como recordo dos coñecidos como Mártires de Chicago, uns sindicalistas anarquistas que
participaban en 1886 na cidade estadounidense nunha marcha a favor da xornada
laboral de 8 horas pois, daquela, os empresarios esixían aos obreiros traballar
doce e ata catorce horas diarias, durante seis días á semana. Nesa
manifestación, oito
anarquistas foron detidos de forma totalmente arbitraria e o xuízo caracterizouse
por unha falta absoluta de probas. Pero, aínda así, firmaron sentencia de morte
para cinco deles e cadea perpetua para os outros tres.

É
curioso que o país no que sucederon os feitos, Estados Unidos, celebre o «Labor
Day» en setembro, do mesmo xeito que os seus veciños canadenses, xa que o
presidente Grover Cleveland pensaba que o recordo dos Mártires no Día do Traballo podía dar ás ao
movemento socialista no país.

Todos
os anos o movemento obreiro sae á rúa cun lema. Este ano é “Menos dereitos,
máis pobreza”. Mais, tal e como están as cousas, un bo lema sería “Deus dea
traballo a cada un no seu”, como dicía o enterramortos.