Esas dúas horiñas que poidemos compartir serviron de referencia para moitos dos compañeiros de clase interesados no mundillo audiovisual.
Pola miña parte destaco os capítulos que adicou a contar o seu paso polo IES Elviña, do que foi alumno.
Parecéronme moi interesantes os relatos das súas experiencias profesionais. Cómo de súpeto veste arriba e ao pouco estás no máis fondo.
Entendín que a carreira que che leva á meta, moitas veces é complicada.
Pero o que máis me emocionou foron os seus recordos sobre os "esquemiñas" de Pepa, os que me fixeron pensar si nun futuro eu os contaría coa mesma nostalxia.