Daniel Domínguez García, soa bonito.
Onte foi un dos mellores días desta semana. Queredes saber por que o digo?
Supoño que todos o sabedes. Ás dúas últimas horas de clase, estivemos cun antigo alumno do instituto de Elviña, un home feito e dereito que pasou polas máns da nosa titora, Pepa.
Contounos moitas cousiñas do seu paso polo insti e a profesora axudou cunhas palabras moi agarimosas.
Tamén falou do seu paso pola Universidade, onde estudou xornalismo pero dixo que non foi algo que marcara a súa vida, pero si o seu camiño.
Despois de tomar decisións rápidas, decidiu dedicarse á profesión do seu pai; audiovisuais.
Polo menos polo que parece, Dani, é un guionista excelente, xa que traballa en algunhas series da televisión Galega, como Matalobos e moitas máis.
Supoño que non é unha profesión fácil, xa que ten que traballar con moita xente e algunhas veces ten que ceder ante outras propostas.
A min encantaríame ver os seus diálogos, cheos de imaxinación e horas de traballo.
Oxalá poida ver unha película ou unha serie que el mesmo vaia a producir. Sería excepcional!
Daniel, mándoche moitísimos bicos e espero que teñas moito éxito.
Un abrazo!