É unha boa historia, baseada nun tema que agora, non sei porque razón, atopámolo día si e día non nas noticias, series e coma non, nos libros tamén. Ultimamente coméntanse temas parecidos ao que se trata
no libro, o racismo, persoas inferiores,… pero non é so iso, non son só verbas, son accións, intolerancia. Persoas que unicamente buscan mellorar o seu día a dia, traballar e vivir. Persoas que deben ter as mesmas posibilidades e dereitos ca nos, sen ser desprazadas e explotadas, coma no caso de Nelson e do seu pai.
Neste libro, aparece moi ben reflectida a importancia que ten a amizade a estas idades, onde calquera acontecemento pode supor unha desconfianza ou unha das mellores alegrías. Os valores da amizade, os máis importantes. Coma demostran Antón, Alexandre e Manuel, que se enfrontan a eses abusos, a esa intolerancia, a esas inxustizas que sofre o seu amigo Nelson, sen medo, cunha valentía non propia de rapaces da nosa idade.
É unha historia chea tamén de misterio, de intriga, ir descubrindo paso a paso, capítulo a capítulo, as pistas que van levar áresolución final... A encontrar aos culpables, a demostrar quen é en realidade esas persoas que non respectan, que non saben respectar. Loita, equívocos, que darán lugar a un final máis que esperado, aínda que cunha certa intriga.
A verdade é que levar esta historia á perspectiva dun rapaz adolescente é algo complicado, coma tamén o é as respostas ás preguntas que se cuestiona ao longo da novela, que estou segura que moitos adultos
non serían capaces de responder... Verdadeiras situacións de intolerancia,
represión, terror e odio. Se non era quen de imaxinar unha situación así, este libro axudoume a pór na pel de cada un dos protagonistas e minimamente comprender os seus sentimentos ante tal situación. A
verdade é que me gustou bastante, resultoume moi fácil de ler. E coma poucas veces, gustaríame que estas historias non saísen, soamente existisen nos libros, pero é algo imposíbel mentres sigamos a vivir nunha
sociedade na que as desigualdades as marquemos nós mesmos.