10.4.13

Non pidas sardiñas fóra de tempada.

Ainda que quizais non sexa a lectura máis adecuada, sempre fun un seguidor de toda a serie de Flanagan. Faltábame por ler un: Non pidas sardiñas fóra de tempada.
Se din que a lectura ten que ser un pracer, eu disfruto lendo as historias de Flanagan, ainda que poidan parecer infantís.
O caso ao que se enfronta nesta ocasión é que unha amiga súa lle pide investigar ao seu propio irmán, que antes era un pésimo estudante, e que de súpeto, se convertera nun estudante brillante.
Flanagan descobre que Elías- o irmán da súa amiga María- chantaxea o conserxe da escola porque ten no seu poder unhas fotografías comprometidas del, nas que anda enredado cunha banda de traficantes, coa que chega a ter problemas o propio Elías. Nesa altura, Flanagan decídese a axudalo. Elías deixa os tratos cos traficantes, que , por vinganza o atropelan.
Flanagan rifa cos traficantes, e grazas a el son encadeados. Entre os apresados está o pai dunha rapaza da que está namorado, Clara.
As historias de Flanagan sempre rematan cunha resolución positiva do caso.


Repito: pode que nun futuro me atreva con outros libros, pero de ter que escoller...continúo a preferir lecturas como esta.