10.4.13

Os vellos non deben namorarse .


É unha farsa na que se demostra que os vellos non deben de namorarse , nela xogan o amor e a morte de 3 vellos imprudentes. Foi publicada en Bos Aires por Castelao.

No primer capítulo trata dun Boticario , que se chama Saturio ,que é un vello moi unido as súas irmás e tamén moi enamoradizo, está enamorado de Lela e pensa en casar con ela  , pero Lela están enamorada doutro home , (O Carabineiro) e quere casar con el, entón aparece a morte,  que advirte ó Boticario de que tódolos vellos que se namoran de mozas acaban morrendo pouco despois. O Boticario sabe dos plans de Lela co Carabineiro , e a morte visitao para levalo con ela.
Ao final acaba ca morte do Boticario por non poder casar con Lela.

O segundo capítulo conta a historia de Don Ramón, un velloque namora de Micaela, unha rapaza moi aproveitada que só o quere polos seus bens e encima o engana con outro que teñen planeado dividir os cartos gañados e logo casar eles, cando Don Ramón acude a unha das sías citas, bébedo cae e morre.

No ultimo capítulo, que é o terceiro, os pais de Pimpinela están a convencela de que debe casar con Don Fuco, un vello que ten moitos cartos e así, a sacaría da pobreza na que se atopa . Fuco, que está tolo por ela, pídelle matrimonio e ela acepta aínda que non o quere, o fai por amor ao seus pais.
Ao fianl Fuco morre na cama e ela chora porque as riquezas que ten agora non a poderá disfruar co mozo a quen ama de verdade.

A historia acaba cos tres vellos chorando no cimenterio por namorarse antes de tempo de quenes non debían. Elas agora están contestas e felices,
mestres que eles estan mortos, e  casan cos mozos aos que querían.