16.4.13

Un encontro? É máis que eso!

Hoxe viñeron os alumnos do Agra de Leborís a Elviña, ao principio sentimonos nerviosos por saber quen nos ía tocar como parella.

As primeiras impresións non foron as mellores do mundo, pero con Luigi e Brais que foron con quen nos  xuntaron, a verdade é que foron estupendas. Aínda que Luigi estaba algo tolo, sin embargo Brais era tranquilo e calmado comparado co seu compañeiro.


A nosa actividade estaba centrada na xente maior, na que tivemos que facer unha obra teatral, coma todos os grupos.


Nós fixemos a obra  introducida nunha clase de informática, na que o profesor dounos unha moi sabia leción na que o aspecto e a idade non é todo.


Esta obra trataba de tres rapaces que ían de camiño a unha clase de informática, na que un señor maior preguntaballes o tipo de teléfono que tiña un dos rapaces, eles pasaron del como da merda.
Pero resultaba que o señor que despreciaran antes era o seu novo mestre informático, e logo pedironlle desculpas polo mal que se portaron con el. Porque as veces o primeiro que pensas non é o mellor.


Para nós os dous esto non foi so unha actividade máis, senón tamén unha forma de relacionarse e coñecer xente nova, coa que o pasamos moi ben dende pola mañá ata pola tarde.

Esperomos volvelos a ver pronto.