Hoxe os alumn@s de Laracha estiveron no noso instituto ata as 5:10 da tarde. Vivimos con eles unhas grandes emocións dende a súa chegada ata a súa despedida. Tamén pasamos un bo rato na elaboración dun guión para un teatriño e no xantar. Despois nos tempos de lecer, estivemos falando todos xuntos e recordamos o anterior encontro. O bo tempo acompañounos durante toda a xornada, o que fixo máis amenas as tarefas.
Comezamos a coñecernos na biblioteca onde fixemos uns xogos para aprender os nomes, gustos, equipos de fútbol... dos do outro centro. Esta foi unha das actividades que máis nos gustou, xa que foi unha boa forma de empezar a conectar cos demais.
Unhas das primeiras actividades planificadas era unha charla onde un home relatounos a súa propia experiencia que tiña que ver cos temas que estivemos a traballar (esta persoa foi a primeira que se casou na Coruña como matrimonio homosexual). Aquí puidemos aprender que nestes temas o fundamental é ter boa educación.
O noso grupo era o de Xurxo Souto que tiña que ver cos estereotípos galegos.
A historia que interpretamos facía referencia a que os coruñeses eran "pijos" e os que falan galego, paspáns e non lles serve de nada.
Ahí van algunhas opinións:
Fernando: Neste segundo encontro puidemos aprender todo o relacionado cos estereotipos e prexuízos que hoxe en día, témolo moi presente na sociedade. Teño que recoñecer que no anterior encontro levounos máis tempo facer a tarefa en grupo porque tratábase de crear unha curtametraxe, quizáis isto foi o que botei de menos pero aínda así foi boa a experiencia no escenario.
Sara: A xente que veu foi un pouco calada e tímida, aínda que conectaron cuns poucos da clase a maioría non se presentou noin falou moito, tivemos que ir nos a falar con eles xa que se dividian e apartábanse dos de Elviña.
Christiane: As do meu grupo perecéronme un pouco reservadas ao principio, pero despois abríronse e fúmonos coñecendo e divertindo máis. A experiencia foi moi agradable.