16.4.13

Últimos pero con estilo.

O segundo encontro co Agra de Leborís foi tan emotivo coma o primeiro. 
Cando chegaron estabamos a agardalos con pancartas dándolles a benvida e de seguido fomos á biblioteca para coñecelos mellor e saber con quen compartiríamos o longo do día. Quedaron pasmados cando Charo mandoulles recitar o poema para poder entrar! 

Despóis acudimos á charla dun home que estaba cheo de experiencias e coñecementos respecto aos temas cos que iamos traballar: homofobia, racismo, orientación sexual, apariencia...

Laura e máis Ángel, eran os compas do noso grupo "Fredy Mercuri". Eran moi sociables. Ademáis aportaron moitas das súas ideas para elaborar o pequeno guión. A experiencia con eles foi incrible.

Na comida xuntámonos todos e compartimos anécdotas, facendo así que pouco a pouco fóramos perdendo a vergoña. 

Máis tarde tocounos interpretar a pequena obra teatral, na que as personaxes foron:
 -Dana interpretaba a unha lesbiana e por non variar forofa do Dépor.
 -Sergio facía o papel dun partidario homosexual no que para reivindicar o seus pensamentos cantou unha      canción.
 -Laura era a "neutra", tanto lle daba negro que branco.
 -Ángel encargouse de xulgar a Dana mantendo un pensamento homófobo.


Para rematar deron os premios, pero a pesar de quedar de últimos pasámolo coma cativos e destacamos como grupo "musical".