15.3.13

Diálogo tatuaxes e piercings

-Ola! Bos días.
-Bos días. Dígame.
-Mire, véñolle, eh... porque estaría interesada en facerme unha tatuaxe e querería informarme un pouco sobre o tema antes de facelo.
-Estupendo. Séntese, por favor. Cónteme qué quere saber.
-Ben. Cómo podo saber se unha tatuaxe é boa ou mala?
-Moi sinxelo, para iso ten que comprobar ou preguntarlle ó tatuador, aínda que sería mellor poder comprobalo cos seus propios ollos, de que a tatuaxe teña pouca solubilidade, non cambie de densidade e que estea constituída por ingredientes inertes.
-De acordo.
-Ah! E, por suposto, non se olvide de comprobar que os meteriais que se utilicen estean todos ben esterilizados. Nós podemos demostrarlle que o temos todo en orde. Se quere pode ir vendo prezos e modelos.
-Non... de momento non, grazas, aínda teño unha pregunta máis. Supoño que despois de facela tería que ter und coidados especiais con ela, non?
-Home! Iso sempre. Despois de facela tería que limpala con auga e xabrón. E, entre cinco e dez días tería que aplicarse cremas especiais. Pasados eses cinco ou dez días pasaría a ter que porse crema hidratante, evitando as rozaduras e a auga de mar ou..., ou o cloro das piscinas.
-Vale, pero... xórdeme outra duda. Poderían, se poño a tatuaxe nas costas, poñerme a epidural? porque, como verá, dentro de pouco darei a luz.
-Non! Con iso teña moito coidado. Ademais, terá que acudir ó médico con regularidade e non poderá doar sangue nun ano.
-Ah... entón creo que non o farei.
-Non te preocupes, ho! Non hai compromiso ningún.
-Pero, entón, pode que, quizáis, me interese máis facerme un piercing. Infórmeme deles.
-O dos piercings restrinxe un pouco máis o asunto. Non debería facelos calqueira persoa que teña hemofilia, diabetes, epilepsia ou alerxia á bisutería. Tampouco se poderían facer despois de beber alcol, tomar drogas ou aspirinas, ou despois de facer xaxún. Tamén é importante a limpeza dos materiais.
-Supoño que debería estar vacinada contra o tétano, non?
-Por suposto, e tamén da hepatite. Interesaríalle ir mirando o catálogo?
-Mmm... non. Creo que primeiro compararei prezos por ahí e xa mo pensarei con máis calma. Pois... eso. Adeus! Moitas grazas!
-Grazas a ti, espero a túa visita. Adeus!