Primavera EnDanza
A Concellaría de Cultura desenvolve un ciclo de danza contemporánea que ten lugar durante varias fins de semana da primavera, especialmente no mes de abril. Permite gozar dunha modalidade artística de crecente presenza nos escenarios galegos na se están a observar doses renovadas de innovación e experimentación.
Inclúe espectáculos para persoas adultas e tamén para os máis cativos. Participan tanto compañías galegas como do resto do Estado. Ademais inclúe actividades complementarias, como encontros entre o público e os creadores, accións na rúa ou obradoiros co obxectivo de achegar á cidadanía a danza e a súa linguaxe.