31.3.13

A praia dos afogados


Esta novela policíaca que lin no segundo trimestre é a segunda historia que ten como protagonista a Leo Caldas, o inspector que se encarga de resolver asasinatos. Lina debido a que no primeiro trimestre, lin Ollos de auga, que é a primeira novela que ten o mesmo protagonista que me gustou moito.


Nesta ocasión é a morte de Xusto Castelo, O Rubio,  o que dá pé á historia pero a busca de información para resolver o crime é moi extensa o que fai que o texto sexa moi lento e un pouco aburrido de ler mentres que en Ollos de auga foi máis áxil a lectura. Supoño que isto é debido ao carácter pechado dos personaxes que impiden dar a información necesaria ao investigador.
 
Aínda así, gústanme os detalles da historia como que fora a  forma de cerrar a brida o que lles permitiu saber que era un asasinato e non un suicidio e atopar a barca do morto e incluso unir a historia co naufraxio que sucedera xa había varios anos.