4.3.13

Sentir dos emigrantes galegos.

A versión máis coñecida do poema de Rosalía de Castro " adios ríos, adios fontes " é a cantada por Amancio Prada. Probablemente existan máis autores que a interpretan, ainda que eu a que máis disfruto é a entonada por Lucía Pérez.

Dela chámame a atención que a tristeza con que Rosalía describe a despedida á que se enfrontan os galegos no momento de deixar a súa terra, enténdese perfectamente a pesar de que o ritmo leva unha velocidade que non concorda co sentimento de tristeza, o que por lóxica debería ser lento, tal e como a interpreta Amancio Prada.

Escoitádeas e xa me diredes que vos parecen.