27.2.13

Visita a exposición e colabora!

Javier Olivares
Na exposición de onte puidemos observar diferentes ilustracións nas que se nos trataba de amosar as desigualdades sociais entre homes e mulleres cun toque humorístico.

A min chamoume a atención unha ilustración na que o autor retrataba un home máis grande que a muller. Esto explica que na vida laboral a elas póñenselle máis impedimentos á hora de pedir unha baixa sobre todo se é por embarazo, sen embargo ós homes pásalle todo o contrario.

Neste aspecto hai solución desde un principio se se establecen uns mesmos dereitos para ambos sen ter en conta o sexo. Por suposto, nas nosas mans está en que esto cambie.

Paco Roca
Tamén había outra na que se retrataba a unha muller embarazada que estaba tratando de agochar con pintura os seus títulos universitarios. A explicación que nos da é que esta muller vai ter como dedicación exclusiva o coidado do fillo que lle ven de camiño, co cal non terá tempo para dedicarse a outras cousas.

Nestes días hai que recoñecer a gran labor que está a facer A Cruz Vermella, sobre todo nestes tempos nos que estamos a sufrir unha gran crise económica que esta repercutindo moi negativamente na xente que está a padecer as consecuencias de quedar sen fogar e sen traballo. Por eso mesmo, a súa labor xoga un papel moi importante. Animo a todas as persoas a colaborar ca campaña.